lazo vermello
3º MISIÓN: COIDAMOS OS ANIMAIS
Comezamos a 3º misión que fala de coidar os animais, para poder coidalos temos que coñecer un pouco como son , onde viven (hábitat), qué comen... acordámonos tamén da tartaruga "Curacura" que nos falaba de que algúns estaban en perigro. Esta semana comezamos a clasificalos polo seu hábitat: mar, terra, aire.
CONTACONTOS DAS LETRAS GALEGAS II
Hoxe, martes 21 veu a contarnos o conto o pai de Iker. Gustounos moito, moitas grazas por vir!
xoves 23 veu a contarnos os contos o pai de Leo e o pai de Jimena. Moitas grazas por vir, gustáronnos moito!!
Venres 24, veu a contarnos o conto o pai de Candela. Gustóunos moito, moitas grazas por vir!!!
OUTRA FORMA DE PLANTAR: OS SEMENTEIROS
Hoxe tivemos a última sesión do horto con Yago, ensinounos outra forma de plantar sementes "o sementeiro". Enchemos de terra, regamos, plantamos a semente e tapámola con terra e con vermiculita ( que é roca volcánica en po) e regamos outra vez pero agora moi pouquiño cun pulverizador. Agora só toca esperar a que crezan.
Tamén aprendemos que das plantas podémonos comer as raíces ( zanahorias, patacas...), as follas ( leitugas, espinacas..), as flores ( brecol...) e os froitos ( mazás, fresas, noces...) . Aprendemos o importante que son algúns insectos como as abellas para polinizar as plantas e que nos dean froitos.
Moitas grazas a Iago por ensinarnos tanto.
LETRAS GALEGAS
Este ano adicanse a Luisa Villalta que naceu na Coruña. Como actividad decoramos unhas cintas de cores co seu nome e con motivos dos seus poemas.
17 DE MAIO, DÍA INTERNACIONAL DA RECICLAXE
O 17 de maio celébrase o Día Internacional da Reciclaxe, co obxectivo de concienciar á sociedade acerca da importancia que ten
tratar os refugallos como corresponde segundo as súas características e calidades, para non contribuír ao cambio climático, e
así favorecer a protexer o medio ambiente. Nós como gardiáns do planeta sabemos o importante que é separar o lixo.
Descubrimos no experimento de “plantar o lixo” que hai cousas que non desaparecen ( papel de aluminio, plástico), tardan moito
tempo e contaminan.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
CONTACONTOS LETRAS GALEGAS
Hoxe mércores 8, comezamos cos contacontos das LETRAS GALEGAS, tivemos dous contacontos dos laciños azuis: os pais de Jana e a nai de Saúl. Moitas grazas pola vosa colaboración.
O venres 9 contaronnos contos moi chulos a nai de Ezequiel e a nai de Markel. Moitas grazas pola vosa colaboración.
O luns 13 viñeron a contar un conto a nai de Thiago e a nai de Andrés. Pásamolo moi ben!!
O martes 14 contaronnos os contos os pais de Rafa e a nai de Andrea. Pásamolo moi ben!!
O mércores 15 contaronnos os contos a nai de Luca T. e a madriña de Laura M, estiveron xeniales!!
O xoves 16 contaronnos un conto e recitaronnos unha poesía os avós de Martín, foi moi divertido. Moitas grazas!!
REMATAMOS A 2º MISIÓN
Nesta misión aprendemos o importante que é respectar e coidar as plantas e as árbores. Fixemos unha chea de actividades e xogos. Mirade todo o que aprendemos…
Temos un recuncho favorito na clase, é a mesa sensorial onde plantamos e contamos flores. Algúns xa estamos coa decena porque temos un “truco “ para contar máis rápido. Xa vos contaremos…
Todos os días observamos as nosas sementes e imos observando como medran e vemos as súas partes : raíces, talo, follas… estamos a esperar a que saian as flores.
OS PULMÓNS VERDES DO PLANETA: AS ÁRBORES
Nesta 2º misión imos falar do importante que son as árbores para o Planeta. Temos que coidalos porque nos dan osíxeno, axúdannos a regular a temperatura, son o fogar e a comida de moitos animais… e aprenderemos unha chea de cousas curiosas sobre eles.
Mirade que árbores máis orixinais temos os Gardiáns do Planeta.
2ª MISIÓN: COIDAMOS AS PLANTAS
Comezamos esta 2º misión cunha sorpresa de Maki , tróuxonos unhas fabas máxicas do conto de “Juan e as habichuelas máxicas” e decidimos despois de escoitar o conto plantalas nunha maceta reciclada moi ben decorada co seu castelo.
Mirade que bonitas!!!!
ANIVERSARIOS DO MES DE ABRIL
Hoxe celebramos os aniversarios de LAURA R., SARA, VANNIA e VALENTINA, xa están na tarta de 5 anos. QUE ILUSIÓN!!!
Como agasallo levan unha maleta chea de agarimo.
PARABÉNS !
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »