lazo vermello
SAÍDA: HISTORIAS DE MARÍA PITA
Este xoves fomos a Praza de María Pita, un espazo histórico-cultural no que puidemos vivenciar e recrear o feito histórico da batalla de Mª Pita.
PASÁMOLO MOI BEN!!
REMATAMOS O SEGUNDO TRIMESTRE
Hoxe chegounos a clase unha mensaxe duns animaliños que coñecemos moi ben...
Xuntamonos cos laciños azuis e fixemos un experimento...
ANIVERSARIOS DE MARZO
Hoxe celebramos os aniversarios de ÉLIDA e ANDREA, xa están na tarta de 5 anos. QUE ILUSIÓN!!!
Como agasallo levan unha maleta chea de agarimo.
PARABÉNS ÉLIDA!
PARABÉNS ANDREA!
PROXECTO "VIAXANDO AOS POLOS"
Xa sabemos moito sobre a vida dos inuits, onde viven, que comen, como se visten, como son as súas casas, que medios de transporte usan, e como é a súa cultura ( arte, tradicións, amuletos….). Na clase intentamos parecernos cada vez mais a eles (saimos de caza, pescamos, cociñamos no iglú, formamos inushuks para orientarnos, traemos amuletos para que nos protexan e nos den sorte e ata xogamos na mesa sensorial como si estivésemos na neve).
CONTO: "SIETE RATONES CIEGOS"
Nesta fábula oriental, de Ed Young, artista chinés-estadounidense, narra a historia dun grupo de ratos de diferentes cores, pero con algo en común: todos cegos. Un día tras outro, un dos ratos achégase a “Algo Moi Raro” e regresa convencido de resolver o misterio; pero nunca se poñen de acordo: un alicerce, unha serpe, un cantil, unha lanza, un abanico, unha corda…Ata que o último día, o sétimo rato Branco percorre o “Algo Moi Raro” de punta a cabo, de arriba abaixo e conclúe que todos tiñan unha parte de razón . Con esta historia aprendimos un montón de cousas: a importancia dos cinco sentidos no día a día e a información que nos dan, valorar o traballo en equipo e buscar solucións entre todos, a curiosidade por descubrir cousas novas e por suposto para aprender os días da semana e os números que traballamos nas rutinas da asamblea dende o mes de setembro. Coa profe Sonia cantamos a canción dos días da semana na linguaxe de signos. Gustounos moito!
AXUDAMOS NO HORTO
Hoxe fomos o horto escolar con Yago García-Garaball, que é asesor e creador de hortos ecolóxicos. Contóunos que antes de plantar temos que preparar a terra e usar unhas ferramentas axeitadas. Despois de escoitar todos os consellos prácticos que nos deu, axudámoslle a preparar a terra e cubrímola con serraduras de madeira para que conserve a húmidade para cando toque plantar.
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, 8 de marzo
Partimos do conto KEREMOSQUE para lembrar que noutros tempos, como dicimos na clase “no tempo dous nosos tataratatarataavós” os nenos e nenas levaban unha vida diferente polo xeito de ser homes ou mulleres e iso parecenos INXUSTO.
Celebramos este día para lembrar que os homes e mulleres somos persoas iguais que temos os mesmos dereitos e debemos loitar por eles xuntos.
Traballamos varios contos na aula e decidimos facerlle unha pequena homenaxe as nosas avoas cos nosos debuxos.
Con motivo do día muller participamos nunha actividade proposta polo centro que consistiu en elexir unha muller relevante na historia . A muller que eliximos nós é Josefina Castellví, é unha oceanógrafa, bióloga e escritora española. Pepita, como sempre lle gustou que a chamasen, foi a primeira española en participar nunha expedición á Antártida e a primeira en dirixir unha base científica. Hoxe, grazas ao traballo de xestión que iniciou Pepita, España conta con dúas modernas bases na Antártida. CLICA NAS IMAXES PARA VER MÁIS MULLERES
VISITAMOS O SUPERMERCADO GADIS
Coñecimos a apasionante viaxe dos alimentos ( a lonxa, a gandería, a agricultura... os almacéns... ) hasta chegar o supermercado, a través do programa "Alimentes". É un proxecto educativo para a sustentabilidade. Axudounos a darlle importancia a vida saudable, o consumo responsable e á loita contra o desperdicio alimentario. Moitas grazas a Laura por explicarnos tantas cousas interesantes e tamén a todo o personal por facilitarnos a visita.
REMATAMOS O MES DE FEBREIRO...COMEZAMOS O MES DE MARZO
Rematamos o mes de febreiro cun montón de actividades do proxecto "Viaxando aos Polos", estamos APRENDENDO moito sobre o Polo Norte, os Inuit, os osos polares, os copos da neve... pero sobre todo estamos XOGANDO MOITO; o xogo o é TODO, prodúcese a curiosidade e a experimentación, provocando unha atención sostida que provocará a aprendizaxe espontánea.CLICA NAS IMAXES
Como podedes comprobar o noso recuncho preferido é o IGLÚ.
- En lectoescritura comezamos a traballar a letra minúscula...
- Seguimos traballando a lóxica- matemática co método de ABN...
Hoxe viñeron a contarnos uns contos Dani e Thiago, encantóunos. CLICA NAS IMAXES
23 DE FEBREIRO : DíA DE ROSALÍA DE CASTRO
Este ano unímonos a iniciativa da asociación de escritores en lingua galega (AELG) para conmemorar este día. Algunhas das actividades que fixemos son:
- Límos un poema e debuxamolo, despois fixemos un collage con todos os nosos debuxos.
- Coa profe Sonia cantamos a canción de Migallas baseada no poema "Eu ben vin estar o moucho" de Rosalía de Castro.
CLICA NAS IMAXES
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »