lazo vermello

EXPERIMENTOS

Por que os animaliños do Polo norte son brancos? 

Fixemos un experimento con papel de cores e comprobamos que os papeis de  distinta  cor vense máis, por eso os animaliños brancos  escondense mellor na neve.

Por que  no ceo dos Polos aparecen cores e formanse as Auroras ?

Descubrimos que as auroras prodúcense tanto no polo norte como no sur , pero se chaman de forma diferente, as do norte son boreais e as do sur austrais. Prodúcense cando os raios do sol, vento solar, chega á Terra choca contra o campo magnético do planeta, producindo correntes de partículas cargadas que flúen cara os polos. É dicir chocan cos gases dependendo do gas fórmase unha cor diferente.

 

 

 

FESTA DE ENTROIDO

FELIZ ENTROIDO !!!

MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN !!!

 

PROXECTO VIAXAMOS AOS POLOS

Ao longo destas semanas estivemos recibindo aportacións para o noso proxecto: libros, murais, traballiños e manualidades... polo que xa  temos unha boa biblioteca de libros de consulta e  historias,  así como  un recanto repleto de recursos. Moitas grazas familias!(podedes seguir mandando cousas ata finalizar o trimestre).

Agora estamos profundizando na vida dos inuit, como viven?como se alimentan? como cazan ou en que se desplazan?...Tamén comezamos coa ambientación das aulas para o entroido...non paramos!

Por último dámoslle  as grazas á mamá de Olivia dos laciños azuis que nos veu contar o conto chamado CON TANGO SON TRES. Precioso, grazas Ana!

 

ANIVERSARIOS DE XANEIRO

Hoxe celebramos os aniversarios de OLIVER e DYLAN, xa están na tarta de 5 anos. QUE ILUSIÓN!!!

Como agasallo levan unha maleta chea de agarimo.

PARABÉNS OLIVER!

PARABÉNS DYLAN!

 

30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ

Hoxe celebramos o día da Paz, pero levamos varias semanas facendo actividades relacionadas con este día:

-Escoitamos e traballamos sobre un conto que nos gustou moito "El iglú" pero que nos fixo reflexionar sobre a Paz, as inxusticias, a indiferencia... estivemos traballando o significado(adaptado a súa idade) dalgunhas palabras que saían no conto.

 SOLIDARIDADE - FAME        COMPAÑÍA - SOIDADE          EDUCACIÓN -  ANALFABETISMO       

 PAZ - GUERRA                       INCLUSIÓN -   EXCLUSIÓN      AMOR -   ODIO

 

  

-Cantamos e bailamos todos xuntos a canción "Alto el fuego" de Happening.

-Recollida de alimentos a favor da Cociña Económica.

Grazas a todas as familias por axudarnos a ser SOLIDARIOS E SOLIDARIAS.

O PAXARO OLE MANDOUNOS UNHA CARTA...

O luns chegounos a clase unha carta do paxaro Ole, nela decíanos que na súa biblioteca non había libros para ler se o  podiamos axudar.... él non coñece as letras, non sabe buscar libros ...

Imos axudalo, o primeiro foi ir a nosa biblioteca do cole a buscar un libro sen ningunha letra... "UN LIBRO DE IMAXES". Fomos a biblioteca do castrillón e alí as bibliotecarias explicaronnos moitas cousas da biblioteca, e ademáis contaronnos moitos contos a nos e a OLE.

MOITAS GRAZAS.

 

VISITAMOS O MUSEO DE BELAS ARTES

O martes visitamos o Museo de Belas Artes,toda unha experiencia, disfrutamos moito escoitando as historias dos cadros e esculturas, o fío conductor desta actividade era a auga como fonte de vida.

No cadro "As mariscadoras " do pintor galego de Luis Seoane coñecimos o traballo que facían esas catro mulleres na praia e coñecimos algúns animaliños que vivían no mar. Vimos cadros onde se facían traballos que ahora xa non e fan así, descubrimos como observando un cadro podemos ver distintos aspectos metereolóxicos, observar detalles... tamén reflexionamos sobre a importancia de coidar e valorar a auga.

MOITAS GRAZAS

 

.

COMEZAMOS O SEGUNDO TRIMESTRE ...

... con algunhas novidades:

- Os Reis Magos e Papa Noel, deixaron un agasallo na "aula maker" fomos a descubrílo e encantounos. É un robot, chámase Super Doc. CLICA NAS IMAXES

 

- Na inaguración da Exposición dos traballos do Certame de Fotografía e Debuxo que se levou a cabo para conmemorar o 25N, a Concelleira de Benestar Social nos entregou un agasallo por participar. Moitas grazas a Manu por axudarme a recollelo.

  

- Esta semana apareceron varias pegadas na clase, non sabemos moi ben de que animaliños se tratan pero cremos que necesitan axuda. CLICA NAS IMAXES

   

FESTIVAL DE NADAL

Hoxe tivemos o festival de nadal, fixemolo moi ben!!!

Tivemos unha visita moi especial, a profe NEREA.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN, DESEXEVOS UNHAS FELICES FESTAS!!

Powered by Drupal - Design by artinet