lazo verde

PROXECTO BECHOS E FLORES

Comezamos esta aventura con dúas sorpresas:

  • Unha bandexa sensorial chea de bechiños e flores, na que nos encanta xogar.

IMG-1819

IMG-1844

  • E unha caixiña con oviños de vermes de seda:

IMG-8043

Chegamos todos os días con moita ilusión para ver que están facendo os nosos bechiños!!! Xa somos uns expertos/as en vermes de seda, caracois, xoaniñas...

Ademais, estamos a traballar dunha maneira especial dous contos: “A eiruga larpeira”, de Erick Carle, e “Flores”, de Hervé Tullet.

IMG-2281

IMG-2640

Coas aportacións que van chegando vamos creando o noso recanto:

Grazas familias pola vosa colaboración!!!

Tamén saímos a observar as plantiñas da horta. As fabas de mata baixa que plantamos con Yago e as leitugas, cebolas... que plantaron amiguiños/as doutros cursos medraron un montón!!!

IMG-2912

IMG-2914

Que bonita está a nosa horta!!!

MUSEO DE BELAS ARTES

O 16 de maio tivemos a saída ao Museo de Belas Artes.

A auga foi o fío condutor da actividade “Cada gota conta”.

IMG-4173

IMG-4175

Pasounos tan rápido o tempo que, cando nos dimos conta, xa estaba o bus esperando por nós!!!

Grazas a Laura, guía do museo, por acercarnos ao mundo da arte dun xeito lúdico e divertido.

CONCERTO PALACIO DA ÓPERA

O 25 de abril fomos ao Palacio da Ópera para ver o concerto “De aquí para alá coas emocións”. 

Trátase dunha proposta musical e teatral, creada e interpretada por Lydia Botana, na que se fai unha viaxe musical por todos os continentes, mostrando distintas tradicións, bailes, música e instrumentos, acompañados de Bolboreta, que vai polo mundo na procura de algo que faga feliz ó seu novo amigo Gali, un neno que vive en África. 

IMG-1189

Desfrutaron un montón!!!

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

Para conmemorar esta data dun xeito especial levamos a cabo diferentes actividades durante toda a semana:

  • Visita á Biblioteca do Castrillón:

3anos-Bea-Agasallo

Que ben o pasamos!!!

  • Luis, Dylan e Emily, alumnos de 3º de Primaria, viñeron a contarnos o conto a “Lúa ladroa”

 IMG-1348

 Sodes uns magníficos contacontos!!! Grazas por vir!!! 

  • Facemos un padlet con recomendación lectoras. Se premedes no signo + podedes subir o voso libro favorito:

Imaxe1

Preme na imaxe 

  • Creación duns marcapáxinas con forma de flor estampando as nosas mans.

CANCIÓN DÍAS DA SEMANA EN LSE

Na clase de música coa profe Sonia aprendemos a signar a canción dos días da semana. Tanto nos gustou que pasou a ser unha das cancións que moitos días utilizamos na asemblea. Mirade que ben o fan!!!

ANIVERSARIO MARTÍN

No mes de marzo celebramos o aniversario do noso amiguiño Martín. Xa 4 aniños; que maior!! 

Parabéns Martín!!!

AVENTURA POLAR

Este proxecto, levado a cabo neste segundo trimestre, comezou á volta das vacacións de Nadal co noso reno favorito Rodolfo como eixo motivador de toda a proposta.

Despois de moitas semanas de investigación e experiencias lograron o seu obxectivo: completar o mapa de Rodolfo!!! Conseguindo así que  Rodolfo regresase ao Polo Norte con Papá Noel.

Nesta gran aventura traballaron en equipo, investigaron e aprenderon moito sobre o mundo polar. Queredes ver canto? Ollade este vídeo, que agardo vos guste:

E para seguir xogando...

 

Powered by Drupal - Design by artinet