lazo verde

SAÍDA SUPERMERCADO GADIS

O mércores 20 de marzo realizamos a visita ao Gadis do Castrillón, dentro do programa educativo "Alimentes", posto en marcha polo supermercado para concienciar ao alumnado da importancia dunha alimentación saudable, da actividade física e do consumo responsable. 

Ao  rematar a visita tivemos unha sorpresa: unha mochila con agasallos!!!

Moitas grazas a todo o persoal de Gadis por facernos a visita tan agradable e por ensinarnos tanta cousas!!!

O NOSO HORTO

O 19 de marzo visitounos Yago García-Garaball, asesor e creador de hortos ecolóxicos.

Neste vídeo podedes ver canto aprenderon e o ben que quedou de preparada a terra para poder plantar.

Grazas Yago!!!

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O venres, 23 de febreiro, celebramos o día de Rosalía de Castro, e divertímonos moito aprendendo cousas relacionadas con esta célebre escritora.

Aquí vos deixamos este xogo para ver canto sabedes sobre Rosalía de Castro. A xogar!!!

E tamén fixemos un collage cunhas estrofas dun dos versos dos seus poemas, que nos quedou así de fermoso.

Esperamos que vos guste!  

 

ANIVERSARIO ZHEHAO

Celebramos o aniversario de Zhehao, que xa ten 4 aniños.

Parabéns!!!

ANIVERSARIO ASSAN Y DANTE

Celebramos os aniversarios de Assan e Dante, que xa teñen 4 aniños. Que maiores!!!

 

Parabéns!!!

Powered by Drupal - Design by artinet