lazo verde

É TEMPO DE SAMAÍN!!!

  • Contacontos de medo:

  • Xogo:

  • Música:

  • Actividades de Samaín:

ANIVERSARIO SIRA

Pouquiño a pouco imos cumprindo 3 aniños. Nesta ocasión tocoulle a nosa amiguiña Sira.

Parabéns!!!

ANIVERSARIO LARA

Tres aniños!!! Moitos parabéns!!!

ANIVERSARIO ELOISE

Xa 3 aniños. Que maior!!!

COÑECEMOS ÁS NOSAS MASCOTAS DE AULA

O venres pola mañá apareceron unhas pegadas misteriosas nas aulas dos laciños verdes e amarelos. Rastrexando o camiño delas... sorpresa!!! Atopamos dúas cebras, de nome Camila, moi pero que moi xoguetonas!!! 

Ollade neste vídeo que ben o pasamos con elas.

DÍA INTERNACIONAL DO PUNTO

O 15 de setembro celebramos O Día Internacional do Punto. Unha proposta artística para fomentar a creatividade levada a cabo por Peter H. Reynolds, autor do fermoso conto “El Punto”.

Se premedes na imaxe podedes velo:

la-foto1

Utilizando a aplicación QUIVER divertíronse moito xogando ca Realidade Aumentada.

Pintaron das súas cores favoritas o puntiño e...

MAXIA!!!

...que cariñas de  sorpresa ao ver como se movían os seus puntiños.

f3d7c96a-0259-405e-9fe1-e5d122108e8e   TNGI3495

ANIVERSARIOS DE JOSEPH E LUCAS

Dentro do noso Proxecto de Educación Emocional quixemos celebrar os aniversarios dunha maneira moi especial: regalando emocións!!!

Así, tanto Joseph como Lucas, levaron como agasallo unha caixiña cheiña de amor. Nela van apertas, sorrisos e bicos de cada amiguiño/a. Con todos estes ingredientes elaboramos a receita da amizade. Sen dúbida un dos mellores agasallos!!

Parabéns a Joseph e Lucas, que xa teñen 3 aniños!!! Que maiores!!

BENVIDOS E BENVIDAS AO COLE!!!

Día a día van coñecéndonos e gañando confianza para explorar e desfrutar de todas as cousas que poden facer na aula, no patio... en todo o cole!. O obxectivo destes días e que cada día se sintan un pouquiño máis a gusto

Aquí tedes un pequeno vídeo que resume estes primeiros días no cole de maiores.

 

Seguiremos informándovos de todo o que aprendemos no noso cole.

APRENDENDO NA HORTA!!!

7

Powered by Drupal - Design by artinet