REMATAMOS A 2º MISIÓN
Nesta misión aprendemos o importante que é respectar e coidar as plantas e as árbores. Fixemos unha chea de actividades e xogos. Mirade todo o que aprendemos…
Temos un recuncho favorito na clase, é a mesa sensorial onde plantamos e contamos flores. Algúns xa estamos coa decena porque temos un “truco “ para contar máis rápido. Xa vos contaremos…
Todos os días observamos as nosas sementes e imos observando como medran e vemos as súas partes : raíces, talo, follas… estamos a esperar a que saian as flores.