OUTRA FORMA DE PLANTAR: OS SEMENTEIROS
Hoxe tivemos a última sesión do horto con Yago, ensinounos outra forma de plantar sementes "o sementeiro". Enchemos de terra, regamos, plantamos a semente e tapámola con terra e con vermiculita ( que é roca volcánica en po) e regamos outra vez pero agora moi pouquiño cun pulverizador. Agora só toca esperar a que crezan.
Tamén aprendemos que das plantas podémonos comer as raíces ( zanahorias, patacas...), as follas ( leitugas, espinacas..), as flores ( brecol...) e os froitos ( mazás, fresas, noces...) . Aprendemos o importante que son algúns insectos como as abellas para polinizar as plantas e que nos dean froitos.
Moitas grazas a Iago por ensinarnos tanto.