Taboleiro

Campamentos de verán

Ata o 10 de abril podedes pedir os campamentos de verán da Xunta de Galicia. Toda a información no seguinte enlace.

accion_veran_azul

La escuela de Guinea Bissau

O 14 de febreiro visitáronnos María e Njerga. María é a fundadora de Miradas al Mundo e Njerga é un cidadán de Guinea que colabora con eles para desenvolver os proxectos no seu pais, concretamente foi o encargado da construcción da nova escola da aldea de Dembanje, na que participamos todos organizando o mercadillo de xoguetes o curso pasado. Así co diñeiro recaudado no noso Colexio e noutros, a nova escola xa é unha realidade, e María e Njerga viñeron a darnos as gracias en nome dos nenos-as da aldea, utilizando un vídeo moi ilustrativo das condicións nas que viven nese lugar. O alumnado de 4º, 5º e 6º tivo a oportunidade de contemplar o froito da súa solidariedade, e nos vindeiros días colocaremos a imaxe da nova escola polo Colexio, acompañada das cartas de agradecemento escritas polos nenos-as da aldea. Grazas a tod@s.

Comezan as clases de PROA

A partires do xoves 16 de xaneiro e ata o mes de xuño desenvolveremos no Colexio esta actividade de reforzo e apoio ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria. As clases serán de luns a venres, con diferente horario segundo o grupo. O profesor contratado pola Consellería de Educación chámase Adrián, e coordinará o seu traballo cos diferentes titores-as e coa Xefa de Estudos. Estamos convencidos, que un curso máis, esta actividade será de gran axuda para o progreso do alumnado participante.

Visita ao Albergue Padre Rubinos

Hoxe visitamos o Albergue Padre Rubinos. Alí entregamos os alimentos e os productos hixiénicos recolectados estas semanas no Colexio. Tamén fixémos unha visita guiada polas súas instalacións con Patricia, unha das súas traballadoras, educadora social. Nas instalacións ensináronnos as habitacións das mulleres e dos homes, a cociña, o comedor... Dixéronnos as actividades realizadas alí cada día e que cando sexamos maióres de idade poderíamos colaborar con eles como voluntarios.                         (Sol e Daniel 6ºA)

Accións solidarias

Ata o día 19 de decembro podedes deixar no Colexio alimentos e útiles de aseo para o Albergue de Padre Rubinos. Tamén este ano colaboraremos con Equus Zebra, na recollida de xoguetes usados, en bo estado, que igual que os alimentos, podedes deixar no Colexio ata o xoves 19. Contamos coa vosa colaboración e axuda. Moitas grazas.

Simulacro de evacuación

O venres 22 de novembro realizamos o simulacro de evacuación previamente planificado. Nesta ocasión non houbo atrancos intencionados na organización do mesmo, o que nos levou a conseguir desaloxar o Colexio en menos de 3 minutos, o que supón todo un record. O comportamento do alumnado e o seguimento das normas establecidas pola súa parte, para esta actividade foi excelente en xeral. Norabóa.


Curtametraxes e Listen and Speak

A partires do luns 14 de outubro, e ata decembro, comeza a actividade de Creación de curtametraxes en língua galega para 6º de primaria, os luns e mércores de 17,10 a 18h.

Tamén empeza nesa semana Listen and Speak co seguinte horario:

- 3º e 4º de Primaria os luns e mércores de 16 a 17h.

- 5º e 6º de Primaria os martes e xoves de 17 a 18h.

Programa Educa Saúde

Dende outubro e ata finais de decembro o noso Colexio será beneficiario do desenvolvemento deste programa municipal, que consiste en diferentes charlas educativas e informativas para o alumnado e as familias, con temáticas diversas; médica, afectivo-sexual, educación social, emocional, etc. As charlas para o alumnado serán polas mañáns, e para as familias polas tardes de 4 a 5,30h, contando coa posibilidade de deixar aos nenos-as realizando talleres paralelos. Dende aquí os animamos a participar acudindo ás diferentes charlas, onde encontraredes unha importante axuda na tarefa de educar na familia.

Circular de inicio de curso

O mércores 11 de setembro iniciamos o curso 2013-14 con normalidade, pero sobre todo con moita ilusión e gañas de que todo funcione o mellor posible.

Recibimos a visita, para inaugurar o curso, da Delegada Provincial, do Xefe da Inspección Educativa de A Coruña e da na nosa inspectora. Acompañados polos medios de comunicación fixemos un percorrido polas instalacións e as aulas do Colexio, e tiveron ocasión de falar con alumnos e profesoras.

Como todos os comezos de curso entregamos a importante circular de inicio na que atoparedes información moi útil durante todo o curso. Deixamos unha copia aquí para que a consultedes en calquera momento.

Powered by Drupal - Design by artinet