Visita ao Albergue Padre Rubinos
Hoxe visitamos o Albergue Padre Rubinos. Alí entregamos os alimentos e os productos hixiénicos recolectados estas semanas no Colexio. Tamén fixémos unha visita guiada polas súas instalacións con Patricia, unha das súas traballadoras, educadora social. Nas instalacións ensináronnos as habitacións das mulleres e dos homes, a cociña, o comedor... Dixéronnos as actividades realizadas alí cada día e que cando sexamos maióres de idade poderíamos colaborar con eles como voluntarios. (Sol e Daniel 6ºA)