Taboleiro

Encontro de Voluntariado Miúdo

Circular de final de curso

Para acceder ao documento pinchar AQUÍ

Solicitude de axuda á compra de libros de texto para o curso 2010/11

A Consellería de Educación convocou axudas para comprar libros de texto   para o vindeiro curso nos niveis de 1º, 2º 5º e 6º de educación primaria.

A solicitude, que pódese descargar aquí, ou solicitala no colexio, hai que entregala debidamente cuberta, na Secretaría do Colexio entre o 1 e o 30 de xuño, acompañada da fotocopia do libro de familia onde figuren tódolos membros da unidade familiar.

Os vales poderán retirarse na secretaría do Centro a partir do 1 de setembro.

Para máis información sobre a convocatoria visitar as seguintes ligazóns:

- http://www.edu.xunta.es/web/node/974 Información xeral

- http://www.edu.xunta.es/web/node/979 Descarga de documentos

Por último lembrar que o alumnado de 3º e 4º disporá dos libros gratuitos en sistema de préstamo, e que o programa de axudas non contempla ao alumnado de infantil.

Campamentos de verán da Xunta.

Xa podedes solicitar os campamentos de verán da Xunta de Galicia. As solicitudes pódense entregar ata o 23 de marzo. A campaña vai dirixida ao alumnado de máis de 9 anos.

Podedes consultar toda a información da convocatoria facendo clic na imaxe.

Solidaridade con Haiti

Como sabedes o ANPA do Colexio promoveu unha actividade solidaria co pobo de Haiti logo da catastrofe que padeceron.

Pois queremos darvos as gracias xa que temos recaudado 606,14 euros.

Os cartos transferímolos á conta da ONG "Mano a Mano" 2100- 5745-28-0200017536.

Grazas pola vosa colaboración

LIBROS DE TEXTO CURSO 2009-2010

Rematado o prazo de solicitude de bolsas para a adquisición de libros de texto o número de solicitudes rexistradas na secretaría do Colexio foi de un total106 de 200 posibles..

-Toda a información da convocatoria no seguinte enlace:

http://gratuidadesolidaria.xunta.es/

IMPORTANTE: A Dirección do Colexio pide encarecidamente ás familias solicitantes das bolsas, que cubran a solicitude a través da aplicación telemática dispoñible dentro da páxina anteriormente citada. Logo simplemente haberá que imprimila, asinala e entregala no Centro coa documentación indicada para cada caso.

Moitas Grazas.

Para coñecer o listado de libros do Centro para este curso click aquí 

 

Powered by Drupal - Design by artinet