Taboleiro

Circular de inicio de curso

O mércores 11 de setembro iniciamos o curso 2013-14 con normalidade, pero sobre todo con moita ilusión e gañas de que todo funcione o mellor posible.

Recibimos a visita, para inaugurar o curso, da Delegada Provincial, do Xefe da Inspección Educativa de A Coruña e da na nosa inspectora. Acompañados polos medios de comunicación fixemos un percorrido polas instalacións e as aulas do Colexio, e tiveron ocasión de falar con alumnos e profesoras.

Como todos os comezos de curso entregamos a importante circular de inicio na que atoparedes información moi útil durante todo o curso. Deixamos unha copia aquí para que a consultedes en calquera momento.

Listaxes de material

EDUCACIÓN INFANTIL: A relación de materiais entregouse no mes de xuño. Finalmente a entrega por parte das familias pode ser o xoves 5 de setembro de 10 a 12h e o luns 9 de 10 a 11,30h.

1º ED. PRIMARIA: Listaxe de materiais. No documento veñen os días de entrega.

2º ED. PRIMARIA: Listaxe de materiais. No documento veñen os días de entrega.

3º ED. PRIMARIA: Listaxe de materiais. O alumnado traerá o material o primeiro día de clase.

4º ED.PRIMARIA: Listaxe de materiais. O alumnado traerá o material o primeiro día de clase.

5º ED. PRIMARIA: Listaxe de materiais. O alumnado traerá o material o primeiro día de clase.

6º ED. PRIMARIA: Listaxe de materiais. O alumnado traerá o material o primeiro día de clase.

EDUCACIÓN DEPORTIVA:CAMPEONATO DE BRILÉ 2º CICLO

En el blog de COSAS DE EDUCACIÓN FÍSICA, tenéis colgada toda la información que váis a necesitar, las fotos y los videos con los mejores momentos de los partidos y entrenamientos de la temporada deportiva.

 

 

CONCURSO DE GIMNASIA ARTÍSTICA 4º PRIMARIA

QUIERES VER NUESTRO CONCURSO DE GIMNASIA???

ENTRA EN EL BLOG:

"COSAS DE EDUCACIÓN FÍSICA"

Charla divulgativa

o xoves 10 de xaneiro ás 18h no Salón de Actos terá lugar unha interesante charla sobre como axudar aos nosos fillos a navegar dun xeito seguro pola rede internet, advertíndonos nela dos posibles riscos. Un axente especializado da Policía Nacional será o encargado de realizar a exposición dos contidos, que logo dará paso a unha rolda de preguntas. Esta actividade está dirixida exclusivamente a nais e pais do alumnado.

http://www.navegacionsegura.es/

Acción solidaria co IBS. Padre Rubinos

O mércores 19 de decembro o alumnado de 6ºB trasladou os alimentos e productos recollidos durante a pasada semana ao Albergue de transeuntes de Pai Rubinos na Coruña. Unha actividade que pretende crear conciencia solidaria e educar en valores a todo o alumnado.

COSAS DE EDUCACIÓN FÍSICA

BENVIDOS A "COSAS DE EDUCACIÓN FÍSICA"

Este é o nome do meu blogue relacionado coa miña asignatura.

Nel ides atopar un montón de recursos, páxinas interesantes, xogos, actividades, traballos dos nenos, videos, fotos...

Ao mellor atopades cousiñas que vos poden interesar, entreter, ou ensinar algo novo.

Só tedes que clicar aquí ou escribir a dirección completa na barra de dirección do navegador:

http://cosasdeducacionfisica.blogspot.com

ANIMÁDEVOS A ENTRAR E PARTICIPAR COS VOSOS COMENTARIOS, IDEAS E PROPOSTAS!!

Día non lectivo

Lembramos a todos que o venres 18 de maio non haberá clase, información que xa notificamos na circular de principio de curso. Este día foi elexido ao inicio de curso polo Consello Escolar, e aprobado pola Consellería de Educación.

Powered by Drupal - Design by artinet