Taboleiro

Listaxes de material (actualizado)

Como cada inicio de curso as titoras de infantil recollerán os libros e material escolar de cada alumno-a antes do comezo das clases. Os días elexidos son o martes 6 e mércores 7 de setembro, entre as 10 e 12 horas.


 1ºEd. Primaria: Azucena e María titoras deste nivel indican que os días martes 6 e mércores 7 de setembro, entre as 11 e 13 horas podedes entregar os libros de texto e o material  as propias titoras nas aulas correspondentes.


2º Ed. Primaria: Loli e Mª José titoras deste nivel indican que os días martes 6 e mércores 7 de setembro, entre as 11 e 13 horas podedes entregar os libros de texto e o material as propias titoras nas aulas correspondentes.


3º Ed. Primaria: A lista de material escolar deste nivel a podedes consultar pinchando aquí


4º Ed. Primaria: A lista de material escolar deste nivel a podedes consultar pinchando aquí


5º Ed. Primaria: A lista de material escolar deste nivel a podedes consultar pinchando aquí


6º Ed. Primaria: A lista de material escolar deste nivel a podedes consultar pinchando aquí


 

Libros de texto para o curso 2011-2012

Podedes consultar o listado de libros para o novo curso picando na imaxe


Axudas para adquirir os libros de texto

Como sabedes as familias do alumnado de 1º, 2º, 5º e 6º de primaria tivo a oportunidade de solicitar en xuño unha axuda económica para a compra dos libros de texto. Dende o 1 de setembro aquelas familias que solicitaran a axuda poden recoller o vale na secretaría do Centro

AXUDAS PARA A COMPRA DOS LIBROS DE MATEMÁTICAS E MÚSICA EN 3º E 4º DE PRIMARIA 

A Consellería de Educación publicou no DOG do 31 de agosto as axudas para mercar os libros que cambien de idioma por mor da entrada en vigor do decreto de plurilinguismo. Neste Colexio son as áreas de  música e matemáticas. As familias que se encontren dentro dos baremos establecidos poden solicitar esta axuda na secretaría do Centro ata o 30 de setembro.

Profesorado no curso 2010/11

Na reunión de Claustro de profesores celebrada hoxe 1 de setembro realizouse a elección de titorías e especialidades   por parte dos docentes do noso colexio. Nos seguinte enlaces podedes consultar o resultado desta adscrición:  

  • Titorías                                                                     
  • Especialidades

Campamentos en Atapuerca

O sábado 3 de xullo regresou o primeiro gupo de novos arqueólogos do Castrillón logo da súa estancia no campamento de Atapuerca, actividade subvencionada pola Fundación Repsol e organizada pola Fundación Atapuerca. O 12 de xullo irán outros 25 alumnos de 5º e 6º que seguro o pasarán estupendamente tal e como nos contou Lucía Mata -6ºB-,  no email que a continuación reproducimos.

"Ola!, son Lucía Mata. O campamento que creo que se chama arqueólogos por un día , para que o vou negar estivo xenial.
Pasámolo de medo, os talleres eran interesantes e divertidos, fixemos actividades nocturnas e tivemos moi boas experiencias.
Eu penso que todos repetiríamos.
O único que quero criticar, porque tanto hai que dicir o bo coma o malo, foi a intimidade nas habitacións porque ao mellor estabas vestindote
pola mañá ou poñéndote o pixama pola noite e  podias estar espido que eles entraban igual.

Creo que podo engadir unha última cousa éramos Very Important People (VIP) e eso estivo xenial porque vimos moitisisimas máis cousas que a maioría de visitantes. 
Poden estar ben animados os outros rapaces xa que o pasamos xenial.
Recordos de LUCIA MATA POSE.
"

Tamén deixamos o DIARIO DO CAMPAMENTO feito por Irene, e fotografías que podedes ver picando na imaxe.

Encontro de Voluntariado Miúdo

Circular de final de curso

Para acceder ao documento pinchar AQUÍ

Solicitude de axuda á compra de libros de texto para o curso 2010/11

A Consellería de Educación convocou axudas para comprar libros de texto   para o vindeiro curso nos niveis de 1º, 2º 5º e 6º de educación primaria.

A solicitude, que pódese descargar aquí, ou solicitala no colexio, hai que entregala debidamente cuberta, na Secretaría do Colexio entre o 1 e o 30 de xuño, acompañada da fotocopia do libro de familia onde figuren tódolos membros da unidade familiar.

Os vales poderán retirarse na secretaría do Centro a partir do 1 de setembro.

Para máis información sobre a convocatoria visitar as seguintes ligazóns:

- http://www.edu.xunta.es/web/node/974 Información xeral

- http://www.edu.xunta.es/web/node/979 Descarga de documentos

Por último lembrar que o alumnado de 3º e 4º disporá dos libros gratuitos en sistema de préstamo, e que o programa de axudas non contempla ao alumnado de infantil.

Campamentos de verán da Xunta.

Xa podedes solicitar os campamentos de verán da Xunta de Galicia. As solicitudes pódense entregar ata o 23 de marzo. A campaña vai dirixida ao alumnado de máis de 9 anos.

Podedes consultar toda a información da convocatoria facendo clic na imaxe.

Powered by Drupal - Design by artinet