Taboleiro

Día non lectivo

Lembramos a todos que o venres 18 de maio non haberá clase, información que xa notificamos na circular de principio de curso. Este día foi elexido ao inicio de curso polo Consello Escolar, e aprobado pola Consellería de Educación.

Campamentos de verán da Xunta

Tamén e como todos os anos saiu a convocatoria de campamentos de verán. Estos campamentos poden solicitalos o alumnado que teña 9 anos ou máis no momento de iniciarse o campamento.


A Xunta de Galicia convocou actividades en inglés durante o verán. No noso centro o alumnado de 6ºEP que teña aprobado completamente 5º e ademáis unha calificación de Ben ou máis en inglés en quinto curso, poden solicitalo.

Día da Paz solidario

O 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz participando na Carreira Solidaria para cos nenos do Congo, promovida por Save the Children. Tamén nas clases participaron na actividade "Paraugas pola paz"  GALERÍA DE FOTOS

 

Inicio das clases de PROA

A partir da vindeira semana iniciamos as clases de PROA co seguinte horario e profesorado:


-       Grupo de 4º EP: Martes e xoves de 16 a 18h. Impartido pola profesora Hortensia Hermidas.


-       Grupo de 5ºEP: Luns e mércores de 16 a 18h. Impartido pola profesora Lorena Ferreiro.


-       Grupo de 6ºEP: Martes e xoves de 16 a 18h. Impartido pola profesora Lorena Ferreiro.


Segundo trimestre

Iniciamos este segundo trimestre no que haberá algunhas novidades, especialmente no ámbito das actividades extraescolares. Unha nova proposta do Concello de actividades extraescolares que comezará en febreiro, mantendo por unha banda as actividades existentes, e noutra liña, propoñendo unha nova serie de actividades, como por exemplo: mates e línguas recreativas, inglés, competencia dixital e xogos deportivos escolares. Agardamos poder transmitir a información máis polo miudo nos seguintes días.

Outra novidade en xaneiro será o inicio de PROA, para o alumnado seleccionado de 4º, 5º e 6º de primaria, coa intención renovada dunha mellora do éxito escolar deste alumnado.

Festival Navideño

O mércores 21 celebramos dous festivais para dar cabida ás numerosas actuacións preparadas. Un deles foi para o alumnado de infantil e 1ºEP, e o outro para o resto de primaria. Tamén recibimos a primeira hora a visita do Carteiro Real que falou cos máis pequerrechos do Colexio. Nos seguintes vídeos podedes disfrutar coa celebración deste día. FELICES FESTAS


FOTOS



Promoción do deporte

O luns 21 de novembro achegaronse ao Colexio tres xogadores do Basket Coruña para realizar unha sesión de apoio e promoción do deporte do baloncesto, que por certo, xa conta con moitos adeptos entre o alumnado. Tamén aproveitaron para agasallar aos participantes, 3º e 4º, con abonos gratuitos para asistir aos partidos do mellor clube de baloncesto da nosa cidade. Moitas gracias

Noraboa ximnastas!


Aínda que xa pasaron algúns meses queremos felicitar dende aquí, e públicamente ao grupo de nenas de categoría "baby" das actividades extraescolares, polo segundo posto obtido no VIII Trofeo Cidade da Coruña de Ximnasia Rítmica "AXIGA", celebrado o 11 de xuño de 2011. Noraboa tamén a súa profesora María polo traballo desenvolto.

Calendario Escolar 2011-2012

Picando na imaxe tedes a posibilidade de consultar e descargar o calendario deste curso.


Powered by Drupal - Design by artinet