Skip to Content

Comedor escolar

Menús comedor outubro-novembro-decembro 2014

Xuntamos menús do mes de outubro, novembro e decembro do curso 2014/15.

Prema na imaxe para acceder ao arquivo.

Actualización listaxes de espera comedor 2014/15

Hoxe 29 de setembro reuniuse o Consello Escolar do centro para, entre outros puntos, actualizar os listados de espera do servizo de comedor escolar.

Debido a algunhas renuncias puidéronse incorporar ao servizo catorce novos usuarios.

De producirse novas vacantes, iremos incorporando alumnado.

Xuntamo un ficheiro coa listaxe de espera actualizado.

A dirección

Admisión provisional Comedor escolar 2014/15

Informamos que o número de solicitudes do servizo de comedor para o curso escolar 2014/15 supera a oferta en 55 prazas, polo que é necesario determinar unha lista de espera.

Froitas frescas

O Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA) convocou axudas para a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros educativos de Galicia para o curso 2013/2014 dentro do Plan de Consumo de Froita nas Escolas.

O noso centro educativo solicitou a participación nesta convocatoria para todo o alumnado de infantil e primaria. Inicialmente non se nos concedeu o Plan, pero agora finalmente se aprobaron o proxecto para desenvolvelo durante 4 semanas nos meses de maio e xuño de 2014.

Temos previsto o reparto nas seguintes semanas, durante o recreo da mañá.

1ª Semana: 12 ao 16 de maio.

2ª Semana: 26 ao 30 de maio

3ª Semana: 9 ao 13 de xuño

4ª Semana: 16 ao 20 de xuño

Rogamos as familias que o teñan en conta a hora da merenda e animen aos seus fillos/as a participar no plan.

Menús 3º trimestre 2013/14

Xuntamos menús servicio de comedor escolar correspondente ao 3º trimestre do curso 2013/14. Prema na imaxe para acceder ao documento.

Menús comedor 2º Trimestre - Curso 2013/14

Prema na imaxe para acceder aos menús do 2º trimestre no curso 2013/14

Comedor Escolar curso 2013/14 - Lista de espera actualizada

Todo o alumnado da área de influenza do centro que solicitou servizo de comedor ten adxudicada praza de xeito provisional para para o curso que comeza este mércores día 11 de setembro. Esto quere decir que poderá facer uso do cemedor dende o primeiro día de curso.

O alumnado de 4º de infantil non o poderá usar ata que remate o periodo de adaptación.

Menús comedor 1º Trimestre Curso 2013/14

Xuntamos menús comedor servizo de comedor escolar do primeiro trimestre do curso 2013/14.

Prema na imaxe para acceder aos menús

Comedor escolar 2013/14: Listados de espera

Informamos que o número de solicitudes de servizo de comedor para o curso escolar 2013/14 supera a oferta en 49 prazas, polo que é necesario determinar a lista de espera.

Recordamos que o alumnado pertencente a área de influenza do centro aboará o servizo segundo os seus ingresos que determinarán a autodeclaración que deberá presentar no centro, se aínda non o fixo. Esta autodeclaración determinará se o servizo de comedor é gratuíto ou deberá aboar, 1€, 2'5€ ou 4'5€ por día de servizo.

O alumnado pertencente a área de influenza das unitarias ou doutros concellos, con independencia das súas circunstancias persoais e de renda familiar, terán que abonar en concepto de prezo público, a cantidade de 4,50 € por día de servizo.

Menús comedor abril - maio- xuño 2013

Xuntamos os menús do comedor do segundo trimestre do curso 2012/13. Premendo na imaxe accederá ao arquivo cos menús.

Os menús poderán verse alterados por problemas de suministro cos proveedores ou por necesidades de almacén

Distribuir contido


by Dr. Radut