Skip to Content

Comedor escolar

Menú Comedor mes de setembro

Xuntamos menús para o comedor escolar para o mes de setembro do curso escolar 2016/17. Prema na imaxe para acceder á proposta:

Listaxes setembro comedor escolar 2016/17

 O Consello Escolar do centro, consultada a Consellería de Educación, e aplicando a instrucción 1/2016, da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do 30 de maio de 2016, revisou e baremou as solicitudes presentadas, tendo en conta que as circunstancias e criterios segundo o cal foron concedidas as prazas no curso pasado variaron, polo que ser usuario do servizo no curso 2015/16, non será o primeiro criterio na orde de preferencia.

 O número de prazas totais ofertadas para o curso 2016/17 serán probablemente 368, reservándose 4 para posibles altas de alumnado con situación de risco de exclusión social.

9 de setembro de 2016

 

Colaboradores/as comedor escolar 2016/17

 

COMEDOR ESCOLAR 2016/17

 

 

ANUNCIO DE APERTURA EXTRAORDINARIA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP DE PEDROUZOS, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2016-2017.

As nais, os pais, os/as titores/as legais e os/as acolledores familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2016/17, colaborar de xeito altruista nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin se atopan na dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o 11 de setembro de 2016, podéndose reabrir novamente o prazo, de ser o caso, ata o 21 de decembro de 2016.

O Consello Escolar do centro, previsiblemente do 20 de xuño, tratará de asignar coloboradores de comedor xa entre as solicitudes inicialmente presentadas.

BRIÓN, 22 DE XUÑO DE 2016

Cumprimente o documento que xuntamos e entrégueo na secretaria do centro.

 

Menús comedor 3º trimestre 2015/16

Xuntamos menús para o cemedoir escolar no 3º trimestre do curso escolar 2015/16. Prema na imaxe para acceder á proposta:

Menús comedor 2º trimestre curso escolar 2015/16

Xuntamos menús do servizo de comedor para o segundo trimestre do curso escolar 2015/16.

Actualizada a lista de espera do servizo de comedor

Xuntamos actualizada a lista de espera do servizo de cormedor.

A medida que xurdan vacantes, iranse chamando aos solicitantes segundo a situación no listado de espera.

 

Menús comedor escolar. 1º trimestre 2015/16

Xuntamos menús do servizo de comedor para o primeiro trimestre do curso escolar 2015/16.

Prema na imaxe para acceder aos menús.

 

Listados definitivos comedor escolar 2015/16

Informamos que para o curso escolar 2015/16, esperamos poder ofertar ao redor 60 prazas máis das ofertadas en cursos anteriores, unha vez acondiccionado un espazo provisional na entrada de infantil. En total 392 prazas para o alumnado do centro.

Durante o periodo de alegacións presentáronse 19 reclamacións e/ou solicitudes de información, que unha vez resoltas deron como resultado os listados que presentamos.

No més de setembro é posible que xurdan novas vacantes, por renuncias do alumnado, que probablemente implicará una nova adxudicación de prazas polo que o Consello Escolar abrirá un novo periodo de entrega de documentación para baremar a listaxe de espera.

COMEDOR ESCOLAR 2015/16

1-Folla de autobaremación 2015/16

Documento de autobaremación para as familias, segundo a instrucción 1/2015 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, de 1 de xuño, sobre o funcionamento de comedores escolares de xestión directa para o curso 2015/16.

2-Colaboradores voluntarios/as de comedor

Apertura do prazo de admisión de membros da comunidade educativa como COLABORADORES VOLUNTARIOS nas tarefas de apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2015/16.

O primeiro prazo de admisión de solicitudes remato o 26 de xuño, para empezar o comedor o 10 de setembro.

3-Listado de admitidos

Estamos no proceso de baremación de solicitudes para o curso 2015/16. Esperamos facer unha publicación provisional ao longo do mes de xuño.

Documentación necesaria que se solicita, se é o caso:

  1. Folla de solicitude (xa presentada)
  2. Certificado de minusvalía do alumno/a superior ao 33%
  3. Título de alumnado membro de familia numerosa
  4. Acreditación documental de incompatibilidade dos horarios laborais coa saída do fillo/a/s ao mediodía de ambos os dous pais/nais, titores legais ou acolledores familiares, expedido pola empresa empregadora, xunto cunha copia de contrato que refrexe o horario, altas na Tesourería Xeral da Seguridade Social e certificación emitidas polas xefaturas de persoal correspondentes.

Menús comedor escolar - 3º trimestre 2014/15

Xuntamos meús dos meses de abril, maio e xuño de 2014/15. Prema na imaxe para acceder ao menú:

Distribuir contido


by Dr. Radut