Informamos que o número de solicitudes do servizo de comedor para o curso escolar 2014/15 supera a oferta en 55 prazas, polo que é necesario determinar unha lista de espera.
Recordamos que o alumnado pertencente a área de influenza do centro aboará o servizo segundo os seus ingresos. As taxas, sen actualizar para o curso 2014/15, foron dunrante este curso escolar 1€, 2'5€ ou 4'5€ por día de servizo.
O alumnado pertencente a área de influenza das unitarias ou doutros concellos, con independencia das súas circunstancias persoais e de renda familiar, terá que abonar en concepto de prezo público, a cantidade de 4,50 € por día de servizo.
Alumnado admitido:
1-Foi admitido todo o alumnado solicitante con dereito lexítimo ao uso do transporte escolar: Total 183 alumnos/as
2-Foi admitido provisionalmente todo o alumnado solicitante da área de influenza do centro que empregou o servizo de comedor o curso pasado e o alumnado procedente das unitarias por dereito preferente de reserva de praza no centro para 1º curso de primaria. Total: 149 alumnos/as
Listados de espera:
Moi importante:
Dende o centro enviouselle a todas as familias solicitantes do servizo escolar un escrito aclarando a súa situación particular.
O alumnado que figura en calquera dos listados de espera do comedor non poderá facer uso do servizo ata que llo indiquen dende a dirección do centro
Para calquera aclaración, non dude en contactar coa dirección do centro.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
LISTADOS_ESPERA_COMEDOR_2014.pdf | 95.23 KB |