Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

Relación de libros de texto curso 2015/16

Publicamos a relación de libros de texto para o curso 2015/16.

Recordamos ao alumnado de 3º e 5º de primaria que non adquira libros de texto ata asistir á primeira reunión de titoría que celebraremos o luns 14 de setembro.

GRAMOLA GOMINOLA

O día 19 de xuño comezamos as vacacions do verán e celebrámolo cunha gran festa amenizada por un fantastico grupo musical.

A Gramola Gominola é un grupo de música infantil, en galego, pensado para as máis pequenas e pequenos. Pero non é un grupo máis, non é o de sempre, é unha banda de rock!!

Pasámolo moi ben, cantando e bailando as divertidas cancións deste grupo.

Felices vacacións e volvemos en Setembro!!!!    (VER FOTOS)

O ALUMNADO DE TERCEIRO NA CORUÑA

O pasado venres, 29 de maio, o alumnado de 3º de Primaria do Ceip. Pedrouzos foi á Coruña.

Primeiro foron ao porto onde viron peixes e mariscos. Tamén fixeron un simulacro de subasta e puideron contemplar o transatlántico Oriana.

Máis tarde foron comer ao Forum Metropolitano e tamén puideron xogar un pouco no parque.

A continuación foron a un museo onde había unha exposición sobre Isidoro Brocos e Picasso. Nel aprenderon cousas sobre estes dous artistas e fixeron un caderno coma os deles.

Finalmente saíron ao Paseo Marítimo para ver sair ao outro transatlántico, o Costa Fortuna, que xa marchara e case non o puideron ver. Aproveitaron para merendar e camiñar ata o castelo de San Antón.

Por último volveron ao cole e chegaron ás oito. Quedaron moi contentos por aquel maravilloso día.

                                                                           Reporteiras/os de 3º

     

COMEDOR ESCOLAR 2015/16

1-Folla de autobaremación 2015/16

Documento de autobaremación para as familias, segundo a instrucción 1/2015 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, de 1 de xuño, sobre o funcionamento de comedores escolares de xestión directa para o curso 2015/16.

2-Colaboradores voluntarios/as de comedor

Apertura do prazo de admisión de membros da comunidade educativa como COLABORADORES VOLUNTARIOS nas tarefas de apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2015/16.

O primeiro prazo de admisión de solicitudes remato o 26 de xuño, para empezar o comedor o 10 de setembro.

3-Listado de admitidos

Estamos no proceso de baremación de solicitudes para o curso 2015/16. Esperamos facer unha publicación provisional ao longo do mes de xuño.

Documentación necesaria que se solicita, se é o caso:

  1. Folla de solicitude (xa presentada)
  2. Certificado de minusvalía do alumno/a superior ao 33%
  3. Título de alumnado membro de familia numerosa
  4. Acreditación documental de incompatibilidade dos horarios laborais coa saída do fillo/a/s ao mediodía de ambos os dous pais/nais, titores legais ou acolledores familiares, expedido pola empresa empregadora, xunto cunha copia de contrato que refrexe o horario, altas na Tesourería Xeral da Seguridade Social e certificación emitidas polas xefaturas de persoal correspondentes.

Obradoiro de Luz

Os alumnos e alumnas do primeiro ciclo tiveron a sorte de participar nun obradoiro sobre a luz impartido por el grupo USC-OSA, formado por estudantes e novos investigadores en optica da Universidade de Santiago de Compostela.

O obxectivo desta actividade foi introducir ao noso alumnado no mundo da óptica e das propiedades fundamentais da luz.

Realizaron cinco experimentos: pintando coa luz, polarización, a dirección da luz, color e fluorescencia e vista e lentes.

Con estes sinxelos experimentos presentáronse de xeito divertido e moi entretido as características principais da luz e  vimos algunhas aplicacións tecnolóxicas como o cable de fibra óptica, lentillas e gafas, filtros de luz no cine...

ns

(ver fotos)

 

Parabens Daniel !

O noso alumno de sexto de primaria, Daniel Souto Pazó, volve a ser un dos gañadores no Certame Literario do Concello de Ames.

Arsenal é o título do seu traballo, un relato sobre un misterio acaecido nunha estación pantasma do metro de París. Estamos desexando lelo!!!!

A entrega dos premios tivo lugar no Concelllo de Ames o día 15 de Maio.

Na fotografía podemos velo xunto cos outros gañadores (quinto pola esquerda na primeira fila).

Letras Galegas 2015

Dentro das actividades para conmemorar as Letras Galegas deste ano, fixemos un concurso de lemas.

Estes lemas servirán para facer chapas que distribuiremos entre o noso alumnado.

Aquí tedes os seleccionados!

Adela Carril Camiño de 4º de Primaria finalista dos Premios de Xoiaría

Entrega de premios do VI Certame Deseña unha xoia para a túa nai

VI certame "Deseña unha xoia para a túa nai"
Deseño finalista da categoría de 8 a 10 anos.
Adela Carril Camiño, 10 anos
CEIP Pedrouzos
Brión

Ao certame presentáronse máis de 8000 debuxos de todo Galicia, repartidos en catro categorías. Adela foi finalista na categoría de 8 a 10 anos, quedando o seu deseño entre os 20 primeiros.

 


CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO CON EDUARDO DE ROJAS

O xoves, 23 de abril, co motivo do Día do Libro, o alumnado de Infantil e o de 5º e 6º de Primaria tiveron un encontro co escritor Eduardo de Rojas Rebolledo quen lle leu algún fragmento dos seus libros Kakarracas e El Barcarola e comentoulles como era o proceso de escribir e de publicar un libro.

Agradecémoslle a súa adicación e o seu compromiso coa nosa escola.

                 

Distribuir contido


by Dr. Radut