Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

Visita á exposición Tradición, cambio e innovación e teatro no Principal

O 9 de decembro, o alumnado de 4º de Primaria, fomos a Santiago visitar a exposición Tradición, cambio e innovación no Centro Abanca Obra Social. Tamén vimos unha obra de teatro titulada As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, de Carlos Casares, no Teatro Principal.

Na exposición tivemos un guía, que através dun xogo nos foi explicando cadros de distintos artistas : Picasso, Dalí, Lugrís , Miró, Laxeiro e Leopoldo Nóvoa.

Despois participamos nun obradoiro no que fixemos unha escultura cun espazo no seu interior, inspirándonos nunha obra de Jorge Oteiza que viramos na exposición.

Ao rematar a actividade de escultura fomos ao teatro. A obra que vimos , tal como a definiu o propio autor,  é un disparate continuo de movemento e fantasía , que nos fixo pasar un momento moi divertido.

Natalia, Alejandra e Adela

Fíxose a luz

E fíxose a luz. As profes Eva de 1º A e María de infantil experimentan co alumnado sobe a creación do universo e a aparición da luz. Tentando seguir o método científico, facemos entre todos unha hipótese sobre cómo pensamos que apareceu a luz no noso universo e o que pensamos que vai a acontecer co experimento.

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

Tras observar o resultado lemos o libro: LA SENSACIONAL HISTORIA DEL MUNDO, por Neal Layton da Editorial Molino, e plasmamos o aprendido cun debuxo.

Resultados renovacións Consello Escolar

Do proceso de renovación de represetantes do Consello Escolar no sector das familias, profesorado, ANPA e Concello, a Xunta Electoral acordou proclamar de xeito provisional os seguintes membros electos:

Representantes das familias para o Consello Escolar

Candidaturas elixidas Nº Votos
González Bernárdez, Gonzalo 32
Nieto Camiño, Raquel 32
Carballo Fidalgo, Marta 24

O Magosto

Este venres celebramos o Magosto. Comezamos a xornada con xogos no patio. Os alumnos e alumnas de sexto foron os monitores  e os encargados de dirixir e controlar esta actividade. Mentres, na zona central do patio íanse asando as castañas. Degustamos estes froitos do outono acompañados de zumes que aportou a asociación de pais e nais do centro.

Podedes ver máis fotos desta lúdica xornada na galería.

Candidaturas pais/nais/titores/as legais

XUNTA ELECTORAL
Designación provisional de candidaturas pais/nais/titores/as legais do alumnado

    José Antonio Martínez Lista, presidente da Xunta Electoral do Ceip. de Pedrouzos-Brión, informa que observadas as solicitudes entregadas polos pais/nais/titores/as legais do alumnado, resultan provisionalmente as seguintes candidaturas:

OS GHAZAFELHOS EN PEDROUZOS

Este xoves, 13 de novembro, a compañía de teatro Ghazafelhos estivo representando a obra "O país dos mandóns" no noso colexio para o público máis pequeno, é dicir, infantil e os niveis de 1º e 2º de Primaria. Tamén nos acompañaron as mestras e alumnado das unitarias de Sabaxáns e A Luaña.

Unha aventura emocionante na que todas e todos disfrutamos con Pepablo Patinho, Montse Piñón e Jorge Casas, tres grandísimos actores que  fixeron rir tanto aos máis pequenos coma aos non tan pequenos.

Agradecer ao concello a súa colaboración.

 

CONCERTO DIDÁCTICO PARA O ALUMNADO DE 3º DE PRIMARIA

O pasado luns, 10 de novembro, o alumnado de 3º de Primaria asistiu a un concerto didáctico no Auditorio de Santiago.

            

Os compoñentes do grupo Ultreia presentáronlles unha serie de instrumentos de música antigos coma o rabel(o antecesor do violín), distintos tipos de gaitas(de palla, de cana, de ronquillo, de barquín, ...), o birimbau, as ferreñas e outros. Tamén puideron escoitar o son que conseguían cunha folla de hedra ou cunha caixa metálica na que se gardaba o pementón e moitas outras. Algunhas destas melodías estiveron acompañadas de bailes típicos coma a muiñeira e outros.

Resultou unha actividade moi entretida e, sobre todo, interesante.       

                        

Presentación do Flashmob "Móvete"

Hoxe venres, 7 de novembro, o equipo de Pablo Galoces presentounos o resultado final do FLASHMOB "Móvete" a todo o alumnado e profesorado do centro. En catro pases, un por ciclo, fíxose a proxección. Despois da proxección, o alumnado puido dialogar cos autores, interesándose por aspectos da grabación, da producción técnica e montaxe final.

Este foi o resultado final:

sentímolo, flash non está dispoñible.

Podedes consultar os Making-off nas páxinas:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdepedrouzos/node/981

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdepedrouzos/node/980

 

Degustación froitos de outono

Hoxe como todos os anos en Educación Infantil celebramos o Samaín entre outras actividades cunha desgustación de froitos de outono. Constitúe un intre de encontro e de compartir aprendizaxe sobre distintas froitas e a súa clasificación en FROITOS CARNOSOS, SECOS E DESECADOS.

SE PREMEDES NAS FOTOS PODEDES VER COMO NOS DIVERTIMOS ESE DÍA

Posteriormente cada un de nós realizou un debuxo da froita que máis lles gustou.

Contos de medo polo Samaín

O alumnado de Educación Infantil durante toda a semana durante o Plan lector escoitou contos de medo polo Samaín. Leron os contos a profe Susana, a profe María e a profe Mónica

 

 

Foi terroríficamente divertido!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut