1º Curso

CONCURSO DE MEDIO AMBIENTE

O alumnado 1º de EP participou nun concurso de medio ambiente cun traballo exposto no corredor para loitar pola boa saúde do noso planeta Terra, titulado EU SOÑEI

Para saber máis preme na imaxe

 

 

COPLA DE ANTÓN FRAGUAS ILUSTRADA

PARA LEVAR A CABO O MURAL DA ENTRADA QUE NOS TOCOU AOS NENOS E NENAS DE PRIMEIRO NIVEL LEMOS COPLAS DO COÑECIDO CANCIONEIRO DE COTOBADE DE ANTÓN FRAGUAS, A ELEXIDA ILUSTRÁMOLA DE MOITAS MANEIRAS, PARA LOGO ELEXIR A MELLOR OPCIÓN PARA POÑER.

 

PARTIMOS DUN DEBUXO/CARICATURA QUE NOS FIXO UN PROFE SÓ PARA NÓS POLO QUE MOITÍSIMAS GRACIAS.

 

Se queredes ver máis premede na imaxe de Antón Fraguas

 

 

 

DÍA DA FELICIDADE NO PRIMEIRO NIVEL DE PRIMARIA

O Día Internacional da Felicidade celébrase o mércores 20 de marzo de 2019.


A felicidade é un sentimento moi subxectivo, algúns/has incluso pensan que a felicidade está sobrevalorada. Hai moitas situacións que poden facernos felices: coñecer un bo amigo, un bo libro, un solpor, un cómic, unha nova ilusión ou un simple recordo do pasado.

 

Cada persoa é un mundo en sí e a felicidade poder ser causada por moitas cousas.

 

Citas famosas sobre a felicidade:

 

 

 

 

8 DE MARZO: A BRECHA DOS SOÑOS

As nenas e nenos de primeiro de primaria quixemos facer a nosa aportación a unha data moi importante no calendario, o 8 de marzo, DIA DA MULLER TRABALLADORA, data que simboliza a procura da igualdade, da visualización da muller, de que podemos soñar, que podemos ser o que queiramos...que non hai nada que non podamos facer.

Acabemos coa brecha!!!! E como se dí no video só depende todos e todas nós!!!!!

 

 

ENTROIDO 2019 1º PRIMARIA

Despois de duras e intensas xornadas de ensaios, por fin chegou o gran día: O FESTIVAL DE ENTROIDO, no que participamos cunha pequena coreografía de vacas e toros, como fin de festa dunha parte do proxecto le vado na aula: ACTIVIDADES ECONÓMICAS DE ARZÚA.
  
 
 
 

ABRÍMONOS!!!!!

UN NOVO TRABALLO DO ALUMNADO DO PRIMEIRO NIVEL DE PRIMARIA !!!!

 UNHA NOVA PROFESIÓN, DESEÑADOR/A DUNHA CAMISETA MOI PARTICULAR...

PREME NA IMAXE SE QUERES VER DE QUE VAI!!!!

 

INICIACIÓN Á ROBÓTICA EN PRIMEIRO DE PRIMARIA: CONSTRUIMOS UN PIANO

 
Xa tiñamos ganas de empezar con esta actividade STEAM onde se poñen en xogo moitos coñecementos e moitas capacidades...pero reto superado ...
Ata fomos capaces de tocar algunha melodía!!!!
 
Para isto necesitamos:
 

 Unha placa makey makey e accesorios (cables cocodrilo e un cable USB)
Un ordenador con programa Mblock instalado
Unhas mandarinas
Nenos e nenas

Ademais de moita imaxinación e ganas de aprender!!!!!!
 

 

 
Pero como unha imaxe vale máis que mil palabras!!!!
 
Para saber mais da nosa experiencia adéntrate no noso blogue de aula
 
 
 
 
 

BODEGÓNS: CREAMOS ARTE CON ALIMENTOS!!!!

 
Para saber mais sobre estas creacións artísticas clickea na imaxe e le detidamente
 
 
 
 
 
Tarea fin de semana
 
Fai clic nesta ficha para ter mais información da tarea proposta
 

 

PATRIMONIO CULTURAL DE ARZÚA: ACTIVIDADES ECONÓMICAS

En Primeiro A xa estamos traballando nun segundo proxecto relacionado co tema troncal proposto polo Equipo de  Biblioteca e  de Dinamización. 

Este trimestre adicarémolo a estudar as actividades económicas que se desenvolven no concello, dividindoas nos tres sectores: primario, secundario e terciario.

Centrámonos na gandería, tanto bovina como a apicultura; aínda que non deixaremos a tras outras non menos importantes como o turismo polo ser parada obrigatoria no Camiño de Santiago.

PARA SABER MÁIS DOS NOSOS TRABALLOS PREME NA IMAXE

QUINTO DÍA DA CIENCIA: A CÉLULA

Rematamos novembro e o mes adicado á ciencia!!!

 

Todos os seres vivos (animais e plantas) están formados por células.

 
E para fixar estes contidos fixemos cada un e unha a súa célula empregando plastilina.
 

 

 

 

 

 

 
 
 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet