Hoxe, con motivo do Día Internacional do Libro, o alumnado de 5º e 6º E. Primaria participou nunha actividade organizada polo Departamento de Cultura do Concello de Arzúa.
A exposición Kinetiko está na Capela da Madanela. Ten nove pezas automatizadas, entre as que podemos atopar autómatas musicais que a partires de mecanismos crean sons e ritmos, monicreques con efectos especiais, un teatriño de guiñol automatizado homenaxeando ao tradicional títere de cachiporra...
O xogueteiro Manu Taboada e o titiriteiro Ero Vázquez Cabrera, baixo o nome de Xirapaus, mostráronnos e explicáronnos a historia e mecanismo de cada peza conseguindo atrapar a atención das nenas e nenos en todo momento.
Grazas ao Concello de Arzúa por contar con nós!