3º e 4º nivel de Primaria

4º EP (curso 2022-2023)

 

Un pequeno resumo do noso paso por 4º EP.

Felices vacacións!

MULLERES SENLLEIRAS_ TRABALLO REALIZADO POLO ALUMNADO DE 3º EP NA MATERIA DE PROXECTO COMPETENCIAL

O alumnado de 3ºA e 3ºB, matriculado na materia de Proxecto Competencial,  fixo este curso 2022-23 un traballo de investigación arredor da vida de varias mulleres, que pola súa traxectoria en distintos ámbitos da cultura, son un referente para todos nós. Cos carteis elaborados confeccionamos este mural que quedou exposto no corredor da planta baixa do noso colexio. 

O ALUMNADO DE 3º E.PRIMARIA VISITA O PARLAMENTO DE GALICIA

O mércores, 8 de marzo o alumnado de 3º E.Primaria visitou o Parlamento de Galicia. 

Unha vez dentro do edificio, o guía levounos ata o vestíbulo, onde puidemos admirar unha fermosa vidriera de Laxeiro no teito.

 

O Parlamento de Galicia está no Pazo do Hórreo desde 1989. O edificio actual foi construído para ser a Escola de Veterinaria, pero por falta de alumnado deixou este cometido desde 1925.

Leváronnos á Sala de Exposicións para visionar un vídeo acerca do Parlamento. Moitas das cousas que nos contaron xa as levabamos aprendidas e todo resultou máis doado.

Puidemos contemplar tamén unha serie de cadros que reflicten a composición do Parlamento ao longo da súa historia, desde a primeira lexislatura en 1981. Logo amosáronnos unha maqueta do Parlamento e soubemos dicir onde nos atopabamos. 

  

Mentres camiñabamos polos corredores puidemos contemplar moitas obras de pintores como Xaime Quessada, Urbano Lugrís, Peteiro... Achegámonos ata a biblioteca do Parlamento, lugar no que actualmente se grava un programa que emite a TVG os domingos pola mañá. 

   

Puidemos asistir a un pleno e ver como os deputados/as debatían un tema. Á saída do hemiciclo viñeron un deputado e unha deputada de Arzúa a charlar un ratiño con nós, posto que escoitaron como nos dedicaban un saúdo desde a mesa da Presidencia. 

Tanto na entrada como na saída pasamos polo Salón dos Reis e nas paredes están os escudos do Antigo Reino de Galicia. 

  

E xa para rematar, saíu saudarnos Mini, un dos deputados do Parlamento que é de Brates, unha aldea que está moi preto do noso colexio. Dedicounos unha pequena canción e despedímonos xa do lugar. 

Foi unha visita ben interesante!!

 

SAÍDA DE 3º E.PRIMARIA PARA VISITAR METEOGALICIA

O 23 de xaneiro, o alumnado de 3ºA e 3ºB asistiu a unha sesión formativa sobre contaminación atmosférica impartida por persoal de Meteogalicia, en Santiago de Compostela. Alí explicáronnos cales son os gases e partículas que contaminan o aire, a súa orixe e como podemos facer nós para mellorar a calidade do aire que respiramos.

  

Ao rematar esta charla explicativa, desprazámonos andando ata a "Estación de calidade do aire" que está preto do edificio de Meteogalicia. Alí a nosa guía explicounos como se realizan as medicións de gases e partículas que contén o aire e o funcionamento dos aparatos que hai en dita estación. Os resultados clasifícanse por cores, correspondendo o azul, ao aire máis limpo; o amarelo, ao aire que ten algúns gases contaminantes; e o morado, ao aire moi contaminado. 

Agora xa sabemos consultar en Internet como é o aire no noso municipio ou nalgún lugar próximo.

  

SAÍDA AO CINE DO ALUMNADO DE 3º EP

O alumnado de 3º EP fixo hoxe unha saída a Santiago de Compostela, xunto co alumnado de 1º EP, para asistir á estrea da película "EL GATO CON BOTAS: EL ÚLTIMO DESEO". 

Esta película de animación gozou de moi boa acollida entre as nenas e nenos e, ademais de botar unhas boas risadas, recordounos que debemos apreciar o que temos para ser felices.

Foi unha xornada chea de emocións que nos serviu para darlle un bo remate a este primeiro trimestre de curso. 

 

 

 

FIN DE CURSO 2022 NO 4º NIVEL EP

Sorpresa de mini festival na nosa clase.

Isto amosa unha vez máis que eles e elas son capaces de conseguir o que se propoñan: organizaron, ensaiaron, deseñaron..o mérito só é deles e delas.

Trátase de 24 estrelas que brillan con luz propia!

 

 

 

ENTROIDO 2022 NO 4º NIVEL

 

A MÍMICA AXÚDANOS A EXTERIORIZAR AS NOSAS EMOCIÓNS. IDENTIFICALAS  E XESTIONALAS  É UN TRABALLO QUE NOS FAI MEDRAR.

AGARDAMOS VOS GUSTE O NOSO TRABALLO  DESTE ENTROIDO.

GRAZAS AOS VERDADEIROS E VERDADEIRAS PROTAGONISTAS PERO TAMÉN ÁS FAMILIAS QUE FAN TODO ISTO POSIBLE COA SÚA IMPLICACIÓN E COLABORACIÓN

NADAL NO 4º NIVEL

Outro ano máis que remata doutra maneira diferente ao que estabamos acostumados e acostumadas! 

Pero aínda así non nos impide esta situación de pandemia facer a típica actuación do Festival de Nadal que estrearíamos mañá día 21 de decembro como peche do primeiro trimestre.

Este ano adicámoslle xunto coa profe de prácticas Uxía o tempo de ensaio á posta en escea do conto Crebanoces, combinando música, teatro e danza.

Crebanoces, un dos ballets máis coñecidos de Tchaikovsky é unha fábula de espíritu navideño que fala da añoranza pola infancia perdida e o choque entre a realidade dos adultos e o mundo dos soños dos nenos e nenas.

O libro pertence a Marius Petipa que deriva dun texto de Alexandre Dumas, que a súa vez inspirouse no célebre  conto de E.T.A. Hoffmann "O Crebanoces e o rey dos ratos".

A maxia, a inocencia, a beleza exterior e a valentía son os eixos de O CREBANOCES.

 

 

Ademáis queremos felicitarvos co deseño da nosa postal de clase deseñada a partires desta temática

BO NADAL!

CUARTA ACTIVIDADE CODE WEEK 21: VISITA DUN LEGO BOOST

Un luns pola tarde tivemos unha visita moi especial, a dun robot chamado LEGO BOOST grazas a que un alumno o comparteu con toda a clase. Iso sí, sempre cumprindo o protocolo sanitario da pandemia!!!

Montamos o robot e coa axuda dunha app no Ipad xogamos a programar por bloques. O que mais nos gustou e que LEGO BOOST é capaz de amosar emocións: contento, anoxado e entusiasmado.

 

  

 

TERCEIRA ACTIVIDADE CODE WEEK 21: CONSTRÚO UN ROBOT E DOULLE ORDES

QUE É UN ROBOT?

É unha lata, é un obxecto plano e redondo, un vehículo a motor ou é un can peludo? Que pode facer? Por que a construímos?

Un robot é un dispositivo mecánico que pode substituír aos humanos en varias tarefas. Un robot pode funcionar baixo o control directo dun ser humano ou de forma autónoma baixo o control dun ordenador programado. Os robots pódense usar para realizar tarefas difíciles ou perigosas de realizar directamente por un ser humano. Noutros casos, úsanse para realizar tarefas máis rápido ou máis barato que os humanos. Así, pódense usar na produción automática de grandes cantidades dun produto e cun custo menor (por exemplo, nas cadeas de produción).

A palabra robot provén do eslavo robota que significa traballo. Foi introducido como termo no seu significado actual en 1920 polo dramaturgo checo Karel Peapek na súa obra "RUR" (Os robots universais de Rossum), que satiriza a dependencia da sociedade dos enxeñeiros (robots) do desenvolvemento tecnolóxico e, finalmente, exterminalos. En moitas linguas eslavas modernas (por exemplo, o polaco) úsase como expresión da vida cotiá no sentido de traballo duro (equivalente a hamaliki). Entre os primeiros robots mencionados na literatura están os Talos da mitoloxía grega e os 20 caldeiros de trípode de Hefesto considerados "miragre das ideas", etc.

A robótica ocúpase do desenvolvemento e estudo de robots. , unha ciencia que é unha combinación de moitas disciplinas doutras ciencias, principalmente informática, electrónica e enxeñaría. Na ciencia ficción adoitan ser robots que teñen forma de humanos. Estes robots chámanse androides. Os robots actuais non son androides deseñados para suplantar aos humanos.

Como  proposta de actividade pensa que che gustaría que fixera o teu robot e escribe as instrucións que lle darás para facer o seu traballo nunha folla de papel. Tenta darlle a alguén estes comandos ou execútaos ti mesmo e comproba a túa programación. Proba a mover a un compañeiro pola clase, levándolle a escribir algo no encerado ou a que che traia un obxecto.

O obxectivo é que o alumnado entenda que os robots seguen as instrucións que lles damos. Se son correctos, o noso robot fará o correcto. Tamén queremos que o alumnado comprenda a estrutura da secuencia, que un programa é unha serie de comandos, colocados no lugar correcto.

Ademais, o alumnado, cos materiais que teñen na casa, construirán os seus propios robots con moita imaxinación e éxito. Un robot cos materiais que teñas na casa (caixas de zapatos, leite, vasos de plástico ou papel, botellas, papel hixiénico ou de cociña, cartón, CD vellos e todo o que poidas imaxinar).

Powered by Drupal - Design by artinet