981500291
698146536
ceip.arzua@edu.xunta.gal
orientacion.ceip.arzua@edu.xunta.gal
(Só para xestións co Departamento de Orientación)
BIBLIOTECAS ESCOLARES/EQUIPOS DINAMIZACIÓN
981500291
698146536
ceip.arzua@edu.xunta.gal
orientacion.ceip.arzua@edu.xunta.gal
(Só para xestións co Departamento de Orientación)
Cunha despedida agridulce despedimos ás nosas voluntarias e voluntarios da biblioteca, alumnas e alumnos de 6º que traballaron con moita ilusión para facer da biblioteca escolar un fogar para os compañeiros e compañeiras do CEIP de Arzúa. Axudando coa organización dos estantes, coas actividades de fomento á lectura, e coa espurga, fixeron posible os grandes avances que presenciou a nosa biblioteca este curso 22/23. Moitísimas grazas polo voso esforzo! E moita sorte na nova etapa da vosa vida.
Bo día!
Deixámosvos aquí un tríptico en PDF coas lecturas que recomendamos estas vacacións de verán, desde os máis peques ata os últimos cursos de Primaria. Desexámosvos un bo verán e unhas vacacións cheas de literatura e lecer!
Xa temos exposto o mural coas fotografías tan preciosas que entregaron os nenos e nenas que participaron no concurso de fotografía.
A fotografía do gañador queda enmarcada e ao seu lado podemos ver a pintura orixinal na que se inspirou o participante; toda unha paisaxe galega que representa o especial que é o noso fogar.
Podedes ver todas máis fotografías do mural no blogue, PREME AQUÍ
Moitas grazas pola participación, e lembrade que mañá, xoves, no recreo, entregaremos os premios e o detalle a todos os participantes.
Bo día!
Xa temos a resolución do concurso de fotografía da Biblioteca escolar: "Dentro das paisaxes". A continuación expoñemos os gañadores e gañadoras do primeiro premio e dos segundos premios, que entegaremos na Biblioteca no recreo o Xoves 8 de xuño.
Precisamos que asistan no recreo todos/as participantes do concurso xa que temos un certificado e un detalle para todos e todas os que vos animastes a participar, grazas polo voso esforzo e creatividade!
1º PREMIO:
Raúl García, 2ºA
2ºs PREMIOS:
Sara Villar, 1ºB
Carme Rendo, 5º
Pablo Soutullo, 3ºB
A verdade é que foi moi difícil escoller porque quedamos moi sorprendidas coa vosa creatividade! Lembrade, o Xoves 8 tedes que vir TODOS OS PARTICIPANTES na hora do recreo á biblioteca.
Ademais, o mércores quedarán expostas todas as vosas fotografías no mural que hai na zona exterior da biblioteca, o recuncho "chill out", para que todo o centro admire o voso traballo tan fermoso. Subiremos unha fotografía da exposición para que a poidades ver dende as vosas casas tamén.
Noraboa!!
Quen di que unha biblioteca é só para ler? Este ano actualizamos a nosa biblioteca escolar con algúns "recunchos creativos" como a mesa de luz ou o Kapla, pero somos moi ambiciosas e queremos potenciar aínda máis a vosa creatividade e introducirvos no mundo da arte e a fotografía. Por iso, para terminar o curso cunha boa sorpresa, anunciamos o concurso de fotografía de Fin de curso para os alumnos e alumnas de Educación Primaria. Aproveitamos a celebración do Día Mundial do Medio Ambiente para traballar coa natureza e apreciar as paisaxes tan fermosas que nos rodean e as cales debemos atesourar e protexer.
Fixádevos ben nas indicacións para participar! e PREME AQUÍ para acceder ao blogue e ver a publicación completa coas imaxes das pinturas, das cales escolleredes unha para o voso proxecto. A data límite para a entrega é o 1 de Xuño, e o gañador/gañadora anunciarase na semana seguinte á entrega.
1) Escolle unha das pinturas que publicamos no blogue
2) Inspírate nela para crear a túa versión e fai unha fotografía (non vale unha foto antiga)
3) Imprime a foto en papel fotográfico ou cartolina e escribe o teu nome e curso por detrás para entregala na Biblioteca. Tamen podes enviala por correo a ceiparzuabiblioteca@gmail.com
Non esquezades poñer nome e curso!
- O gañador/gañadora do primeiro premio recibirá unha cámara de fotos instantánea e un libro.
- O gañador/a do segundo premio recibirá un libro.
Moita sorte!
Ata aquí chegou a Semana do Libro! E xa temos o blogue actualizado coas fotografías das nosas actividades, como a visita de Claudia Castro, as lecturas interactivas, a feira da espurga e o teatriño "Princesa Kevin".
Podedes ver a publicación completa e máis fotos no blogue, PULSA AQUÍ
Unha das actividades organizadas con motivo da celebración do Día do Libro é este obradoiro de poesía, dirixido ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º E.Primaria.
Durante este mes de abril, os nenos e nenas de 3º e 4º EP leron o libro de poemas "Galicia, o país das marabillas" e da man do Rato Amelio e do Gato Pepe descubriron moitos lugares de Galicia que merece a pena visitar. As mestras xa tomamos boa nota dalgún destes sitios que lles gustaría coñecer!
Esta mañá tivemos a sorte de escoitar como esta escritora nos recitaba algún poema do libro e, despois, deixamos voar a nosa imaxinación para encher un folio cun debuxo que nos recordaba algún poema do libro, o lugar que máis nos gusta de Galicia, o debuxo do Rato Amelio ou do Gato Pepe... e así convertémonos por un intre en ilustradoras e ilustradores.
Este foi o mural que fixeron os nenos e nenas de 3º A.
E este é o mural que se fixo na clase de 3ºB.
E así de fermoso quedou o mural de 4ºA.
Co alumnado de 5º e 6º de E.Primaria, Claudia Castro traballou o libro "Amiga lúa, amigo mar". As nenas e nenos recibírona con este mural que previamente fixeron na súa clase, pois tamén dedicaron varias sesións á lectura deste libro.
Claudia explicoulles a razón pola que escolleu este título e faloulles da súa ilustradora, Luz Beloso. Despois de recitar xunto a Claudia algún dos seus poemas, viron un vídeo e remataron facendo voar os avións de papel que contiñan os seus soños.
Grazas Claudia por compartir esta xornada connosco e axudarnos a descubrir outro xeito de achegarnos á poesía.
Xa temos o cartel da Semana do Libro na Biblioteca do CEIP de Arzúa! Celebraranse varias actividades para fomentar a lectura e traballar coa literatura infantil e xuvenil, e tamén actualizaremos o recuncho das lecturas recomendadas coa temática correspondente a esta semana.
E para calquera dúbida estamos na Biblioteca nos recreos :)
Esta semana as voluntarias e voluntarios da biblioteca baixaron ás aulas de Infantil para ler un conto aos máis pequenos do cole, preparando con moita ilusión unha pequena escenificación das historias que escolleron. Todes quedaron moi contentos e xa teñen ganas de repetir a experiencia! ...
Podedes ler máis no blogue da biblioteca, PULSA AQUÍ
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |