Biblioteca
PROMOCIÓN DA LECTURA A CARGO DA RAIÑA DA ORDE DOS LECTORES
TODO UN ACONTECEMENTO PARA AS NENAS E NENOS LECTORES DO CENTRO. A BIBLIOTECA ESCOLAR DO CEIP. DE ARZÚA ENVITOU A MESMA RAIÑA DA ORDE DOS LECTORES, QUEN ENTREGOULLES PERSOALMENTE OS DIPLOMAS ACREDITATIVOS NOMEANDOOS CABALEIROS E DAMAS DA ORDE.
Grazas a eventos como estes fomentase o amor pola lectura despertando a imaxinación dos máis pequenos ao mesmo tempo que viaxamos no tempo ata atopar os pergaminos, os escribas e todas esas aventuras e fazañas de damas e cabaleiros en castelos encantados que tanto nos gustan.
Grazas LOLI pola estupenda xornada que nos brindastes.Ver as fotos
FESTEXAMOS O DIA DO LIBRO!!
LENDAS MEDIEVAIS
Dende a biblioteca, seguindo co tema do Medievo, e de carra a traballar todos os aspectos do Currículo propoñemos:
Que nas aulas, nas vosas casas, así como na biblioteca, vos animedes a les as LENDAS MEDIEVAIS quena seleccionamos e tedes colocados nos expositores e tablóns do centro.
Seredes nomeados Cabaleiros da "REAL ORDE DE CABALEIROS LECTORES DAS LENDAS MEDIEVAIS"
Requisitos:
-É imprescindible les 2 lendas mínimo co visto e prace do titor. Nesta semana farase entrega do diploma que confirma o nomeamento.
Diploma da orde dos lectores do CEIP de Arzúa
Elaboración do libro-glosario
Quenes nos veñen visitar?
Nos meses de Abril e Maio imos ter moitas visitas que, seguro, nos van encantar. Miradeo no cadro!
CANDO VEN? | QUEN VEN? |
A QUE CICLO VEN? |
Xoves 16 de Abril |
TEATRO: CASA HAMLET |
-Infantil 1º e 2º ciclo primaria |
Venres 17 de Abril |
Visita da escritora: AN ALFAYA |
3º ciclo de primaria
|
Luns 20 de Abril |
CONTACONTOS |
3º ciclo de primaria |
Martes 12 de Maio |
Visita da escritora:FINA CASALDERREY |
3º ciclo de primaria |
Venres 15 de Maio |
Contacontos: MARIO TOMÁS |
-Infantil 1º e 2º ciclo primaria |
QUEN NOS VISITOU?
Unha das actividades para motivar os alumnos/as é que coñezan os autores e ilustradores dos libros que están a ler.
! Hai que ver como lles gusta sentirse preto deles e que lles asinen esas historias que tanto os fan pensar e imaxinar mundos de fantasía.... !
Queredes saber quen pasou? Pincha aquí
Glosario Medievo
Non podía faltar como resumo do traballo do Medievo, a elaboración dun gran libro-glosario. Os alumnos-as das distintas titorías, escriben nun pergamino o significado de palabras relacionadas co tema elexido e visitarán a biblioteca para incluilas no glosario. .
UN PASAEO POLA IDADE MEDIA
Este curso, estamos traballando como tema central no cole O MEDIEVO. Por iso, queremos descubrir moitas das cousas que aconteceron nesta época. Só tedes que pinchar na imaxe para poder divertirvos cun proxecto que elaboraron nun colexio de Asturias a través do que pretenden achegar o mundo medieval aos máis pequenos. Disfrutádeo e aprendede moito!!
Entroido dende a Biblioteca Escolar
CHEGOU O ENTROIDO!
En tempos de entroido veu visitarnos esta fermosa dama da época medieval. Está a facernos pasar un bo entroido, pois cada día convídanos a traer un adorno, estas son as consignas que nos deu:
LUNS: turbante, MARTES: colar, MÉRCORES: pluma, XOVES: cinturón, VENRES: todo.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33