Actividades

UNHA CESTA MOI ESPECIAL PARA A FROITA

Resultado dun traballo colaborativo e en grupo das clases extraescolares con María saeu esta fermosa e particular cesta..ten un anaquiño de todos os nenos e nenas que asisten a este taller os mércores e os venres.
Unha vez máis toda a Comunidade Educativa participa nos programas do Plan Proxecta...
 
GRACIAS 
 

 

 

 

 

 

CHARLA

O luns 22, celebrouse no CEIP de Arzúa unha charla informativa para acercar ás familias ao trastorno de déficit de atención e hiperactividade (TDAH). A pediatra do Centro de Saúde, Mª del Rosario Monner Romero explicou as causas e sintomatoloxías das diferentes presentacións clínicas do TDAH. O orientador do IES de Arzúa, Xoán Alvarez Castro, en conxunto con membros do Departamento de Orientación do CEIP, Mª Agripina Cabo Devesa, Cruz Leiva Balboa e Thais Amenedo Rodeiro abarcaron aspectos das psicoterapias cognitivas-conductuais e resaltaron a importancia da parentalidade positiva e o emprego dalgunhas técnicas tanto no ambiente familiar como escolar.

Agradécese a asistencia e participación dos pais.

 

CONTACONTOS EN INGLÉS

Dende a Biblioteca e en colaboración cunha nai, Vicky,  púxose en marcha unha actividade THE ENGLISH BOOK CLUB , todos os martes a mediodía dos meses de outubro a decembro, CONTACONTOS EN INGLÉS para os máis pequenos do cole a cargo do alumnado de 3º, 4º e 5º.
Levounos un tempo preparalo pero o día 18 chegou a posta en práctica, foi xenial!!!! 
 
 
E senón mirade o vídeo 



 

NÓS PARTICIPAMOS!!!!!
 
Podes premer aquí para ver máis ou aquí e aquí para escoitar os contos que nos contaron
 
Thank you very much!!!!

REPRODUCIMOS PLANTAS

Hoxe dia 21 de marzo empezamos outro dos catro proxectos propostos por Ignacio, un papá moi colaborador, a reprodución de plantas. Fixemos un horario ao longo do día, onde pasamos todos e todas para aprender como reproducir plantas para logo podelas plantar no noso horto ou xardín.

 




3 ANOS A  e  B



 




4 e 5 ANOS




1º A e B 
 



 

2º A e B
 

CLASIFICAMOS A FLORA DO CENTRO

Despois de dar un longo paseo polo colexio, decidimos empezar outro novo proxecto para clasificar as plantas que nos arrodean, facendo dúas fases , unha de investigación a outra de procura ou busca.



Fase de investigación:



 

Máis novas dos inventores coadores!!!!!

exposición.jpg

Entra no blog de aula do terceiro ciclo e navega para atopar novas sobre os inventores con coador

 

http://terceirociclo-arzua.blogspot.com.es/

Obradoiro Xogos do Mundo

Obradoiro Xogos do Mundo

O pasado día 19 de Xuño a ANPA o Formento agasallounos cun obradoiro de Xogos do Mundo.

Pasámolo xenial descubrindo, construíndo, compartindo, xogando,...

Non podemos máis que agradecer á ANPA do cole que nos ofrecese esta actividade!!!

Ollade algunha foto aquí

DOCUMENTOS PARA:

A resolución de conflictos.

Powered by Drupal - Design by artinet