Outras

Día do neno 2015

Estes días o cole encheuse de nenos e nenas unidos polas mans para recordar cales son os nosos dereitos!!

Samaín en Infantil

 Un ano máis, A Bruxa Maruxa veu visitarnos polo Samaín para contarnos e lernos algún contiño!!

Sorprendeunos facendo unha “rica” sopa con pelos de rato, mocos de sapo e esencia de morcego, pero…non nos decidimos a comela porque o seu cheiro resultounos un pouco noxento jujuju!! 

Despois de cantarlle algunha canción despedímola ata o vindeiro cursooooo!!!




Samaín 2013

Non ides crer o que pasou este ano polo Samaín!!!! Moitos rapaces e rapazas estaban segurísimos de que a Bruxa Maruxa era a profe Chus disfrazada, pero onte descubrimos que son curmás...vaia sorpresa!!!

Este ano Maruxa non nos puido visitar porque estaba nunha Xuntanza de Bruxas para aprender máis trucos de maxia, pero a profe Chus sorprendeunos con algún truquiño que lle ensinou a súa curmá...non sabemos como o fixo, pero no armario da aula de música apareceron chuches para todas e todos!!!

Preme aquí para ver algunha imaxe do momento no que tampouco faltaron os contos!!

Graciñas a todas as familias que colaborastes traendo cabazas decoradas, seguídesnos sorprendendo coa vosa creatividade. Noraboa!!

Concerto Pesdelán

Encántanos o grupo Pesdelán, as súas cancións soaron xa en moitos festivais e Romarías do cole pero...sabedes unha cousa??

o derradeiro día de cole viñeron facernos bailar,...e conseguírono!

Ollade as fotos premendo aquí, a ver se sabedes en cal estamos a baliar a muiñeira.

Camiño a Preguntoño

Chega o fin de curso e, con el, o bo tempo,...así que, de novo, animámonos a camiñar dende o cole ata Preguntoño.

Unha xornada de convivencia na que nos segue sorprendendo a paisaxe que nos rodea.

Preme aquí e verás máis imaxes.

Olla o vídeo para ver o ritmo que teñen os nenos e nenas de Infantil

sentímolo, flash non está dispoñible.

Mmm, queixo!

Os nenos e as nenas de 6º sairon no programa "Vivir aquí" da TVG facendo unha cata de queixos, se queres vela preme aquí e mira a partir do minuto 31:45.

A Bruxa Maruxa

 

 

 

Outro ano máis veu visitarnos a Bruxa Maruxa cos seus contos de medooooo, dos que sairon bruxas, cabazas,...

 Preme aquí para ver algunha imaxe.

Os nenos e as nenas de infantil de do 1º ciclo de primaria despedímola ata o vindeiro Samaín, aínda que a despistada tivo que voltar ao cole porque esqueceu a súa vasoira...

Medo?

Personaxes dos contos de medo viñéronnos visitar estos días ao cole porque o vindeiro martes imos celebrar o Samaín ou Halloween.

Medo, sorpresa, misterio, risa???,...esta foi a cara que lles quedou aos máis pequenos. Preme aquí e descubrirás o que viron.


Concerto Didáctico

Concerto Didáctico

Empezamos o curso con moito ritmo!!! Os mestres e mestras do Conservatorio de Música de Arzúa agasalláronnos cun concerto en directo. Nel poidemos escoitar jazz, música tradicional, e incluso algunha improvisación...mira as imaxes premendo aquí!!

Graciñas polo concerto. Agardámosvos!!!!!

Obradoiro Xogos do Mundo

Obradoiro Xogos do Mundo

O pasado día 19 de Xuño a ANPA o Formento agasallounos cun obradoiro de Xogos do Mundo.

Pasámolo xenial descubrindo, construíndo, compartindo, xogando,...

Non podemos máis que agradecer á ANPA do cole que nos ofrecese esta actividade!!!

Ollade algunha foto aquí

Powered by Drupal - Design by artinet