Paisaxe

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DA BIBLIOTECA - DENTRO DAS PAISAXES

Quen di que unha biblioteca é só para ler? Este ano actualizamos a nosa biblioteca escolar con algúns "recunchos creativos" como a mesa de luz ou o Kapla, pero somos moi ambiciosas e queremos potenciar aínda máis a vosa creatividade e introducirvos no mundo da arte e a fotografía. Por iso, para terminar o curso cunha boa sorpresa, anunciamos o concurso de fotografía de Fin de curso para os alumnos e alumnas de Educación Primaria. Aproveitamos a celebración do Día Mundial do Medio Ambiente para traballar coa natureza e apreciar as paisaxes tan fermosas que nos rodean e as cales debemos atesourar e protexer.

Fixádevos ben nas indicacións para participar! e PREME AQUÍ para acceder ao blogue e ver a publicación completa coas imaxes das pinturas, das cales escolleredes unha para o voso proxecto. A data límite para a entrega é o 1 de Xuño, e o gañador/gañadora anunciarase na semana seguinte á entrega. 

1) Escolle unha das pinturas que publicamos no blogue

2) Inspírate nela para crear a túa versión e fai unha fotografía (non vale unha foto antiga)

3) Imprime a foto en papel fotográfico ou cartolina e escribe o teu nome e curso por detrás para entregala na Biblioteca. Tamen podes enviala por correo a ceiparzuabiblioteca@gmail.com

Non esquezades poñer nome e curso!

- O gañador/gañadora do primeiro premio recibirá unha cámara de fotos instantánea e un libro.

- O gañador/a do segundo premio recibirá un libro.

Moita sorte!

PEQUEN@S EXPLORADORES/AS - 4 ANOS

Aproveitando estos días solleiros do outono o alumnado de 4 anos convertímonos en pequen@s exploradores/as .

Saímos a poñer en pràctica todo o que estivemos aprendendo sobre esta estación. Por iso fomos quen de atopar na nosa visita a contorna follas de todas as cores outonais, landras , castañas, ourizos, piñas , dentes de león, cogomelos e mesmo peidos de lobo que fixeron  que non pararamos de rir! 

Unha visita chea de traballo, dun antes e un despois que resumimos así: 

 

AS PLANTAS

O Longo de este terceiro trimestre continuamos traballando as plantas e as súas necesidades para poder vivir. Fixémolo a través din Lapbook en forma de flor que nos serviu para aprender divertíndonos e descubríndo.

 Só temos que levantar cada pétalo por orde( repasando así OS números) e descubrimos unha necesidade para que as plantas medren e sobrevivan.

 Esta actividade enmarcàmola dentro do plan proxecta SUSTENTABILIDADE E PAISAXE.

PRIMAVERA!

Este ano , na aula de tres anos participamos no plan proxecta en PAISAXE E SUSTENTABILIDADE , por iso coa chegada da nova estación e estes solleiros días de sol , na nosa aula , consideramos que era o momento oportuno para plantar as nosas sementes da horta nun pequeno invernadoiro que a profe nos mercou.

Pero... para que serve un miniinvernadoiro coma este? Que imos sementar? Que precisan as sementes para medrar? E despois... Que facemos? 

Todas estas preguntas fomos respondendo a medida que fomos realizando a actividade. 

Preparamos o que íamos a precisar: invernadoiro, Terra, sementes (Cabaza, pepino,  , pementos e tomates) , e auga e puxémosnos mans a obra! En breve ensinarémosvos cal foi o resultado a volta do descansiño de semana Santa e a sorpresa que levamos cando fomos a mirar se as nosas sementes naceran!

 

Despois de plantar cada encargado do día era o responsable tamén de regar e vixiar de que as nosas plantas recibiran o sol suficiente para poder nacer. 

E vaia sorpresa levamos ! Mirade que fermosas estàn ! 

Isto si que é ser uns e unhas xardiñeir@s escepcionais! Bo traballo peques!

 

COMENZAMOS UN NOVO CURSO!

Comenzamos un novo cuso escolar , un novo curso repleto de dificultades e inquedanzas pero que xuntos iremos superando.

Sen embargo ,estas dificultades non nos quitarán as gañas de ensinar e aprender, de continuar a nosa labor educativa  , de ver esas cariñas sorrintes dia a día coas suas ilusións e cos seus medos...

Este ano o tema vertebrador do cole será "MEDIO AMBIENTE E SAÚDE". Na nosa aula traballaremos entre outras cousas a importancia da auga, paisaxes onde se atopa, bos hábitos para o seu consumo e a súa importancia para a nosa saúde.

Formaremos tamén parte do plan proxecta na súa modalidade de "Sustentabilidade e paisaxe" onde traballaremos as diferentes especies de árbores que podemos atopar na nosa contorna, os seus froitos , os seus coidados e as súas necesidades para poder medrar.

Traballaremos tamén na modalidade de IGUALA-T, traballando valores relacionados coa igualdade a través de contos e diversas actividades.

Despois de superar o período de adaptación sen nada importante que destacar , comenzamos a traballar a nova estación : O outono.

Traballamos algún animaliño propio de ela partindo do conto caracol e caracola : observamos  como se desprazan , as súas partes e mesmo aprendemos a súa canción para que saquen os cornos ao sol!

 

 

Aproveitando os raios de sol dun día de outono saímos a recoller follas de diferentes formas e cores , que nos servirian despois para manipular , clasificar, e mesmo realizar actividades tan imaxinativas coma esta...¿Que pode ser?

 

 

 

 

 

 

   

 

 

 

    

 

 

 

 

SAÍDA LÚDICO CULTURAL DE 1º E 2º NIVEL

 
 
Un día moi cargado de bos momentos, moitos contidos, moita cultura nosa, de Galicia pero tamén moita diversión.
Na película de Bikes reforzamos contidos sobre o coidado do planeta e do medio ambiente, empregar enerxías renovables que contaminan menos, para animarnos e ensinarnos máis de como actuar para mellorar e entregar aos nosos fillos e fillas o planeta no mellor estado posible.
 
 
E que dicir da visita ao Museo do Pobo Galego, íamos cheos de ilusión e con gañas de ver en directo todo o que traballaramos e investigaramos na clase sobre o que hai alí.
 
 

21 DE MARZO: DÍA DOS BOSQUES no 1º nivel de primaria

 

21 de marzo: DÍA DOS BOSQUES
 
O 21 de marzo é o Día Internacional dos Bosques segundo a ONU.
Aportan moitos beneficios ao planeta Terra e aos seres humanos aportándonos osíxeno, eliminan CO2, son cobixo de infinidade de ecosistemas, mitigan o cambio climático, reducen a contaminación acústica nas ciudades, obtéñense alimentos e mediciñas, posibilitan hábitos  de vida activos e saudables.
 
Na clase de primeiro nivel imos celebralo a nosa maneira, poñendo en marcha a ARBOTERAPIA (abrazar unha árbore para sentirse mellor, reduce o estrés, cura enfermedades…), para devolverlle aos bosques os seus favores.


 





E con esta actividade participamos no blogue https://antesdequeseatarde2018.blogspot.com/  que forma parte dun traballo do FSCI en colaboración con National Geographic  BEFORE THE FLOOD.

TRAMO CAMIÑO DE SANTIAGO

Xa, por fin é o 18 de xuño, a data marcada para facer o Tramo do camiño de Santiago ata Preguntoño.

Era moi desexada esta actividade xa que o curso anterior non se poidera facer polo factor tempo e os de sexto non querían irse sen facelo de novo. Arzúa é un pobo polo que pasa o Camiño de Santiago e por iso forma parte das súas vidas, como din eles e elas.

Eran as dez e media cando partiamos os cursos de Infantil e 3º, 5º A e 6º B de Primaria rumdo cara Preguntoño...Bo camiño, como se soe dicir!!

 

 

Rosa cajade de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

UN DIA COS BOMBEIROS/AS FORESTAIS NO COLE

Día 22 de maio, un día de moita calor, toca a charla e o taller cunhas persoas fantásticas que coidan e vixían os nosos montes, OS BOMBEIROS/AS FORESTAIS.

Tivemos dúas actividades moi diferente:

  • Unha charla na aula de audiovisuais cun ppt moi interesante, onde aprendemos aspectos técnicos e vocabulario moi técnico: amerizar, foca, zoca, innífugo, especies invasoras, reciclaxe...
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
  • Un taller interactivo onde aprendemos como apagar un lume nós mesmos. A sorpresa foi que aproveitamos para mollarnos un pouco, facía tanta calor!!!!

 

 

 

 

 

 
 
 
 
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
 

CIRCUITOS ELÉCTRICOS MESTURADOS CON CREATIVIDADE

En sexto B estamos aplicando contidos a outros proxectos que levamos a cabo no colexio, como paisaxe, robótica e porque non, donas de sí!!!

Se queredes ver máis premede nas imaxes

Como vedes aprendemos facendo!!!!!!

Powered by Drupal - Design by artinet