Paisaxe

Divulgación

Comezamos a divulgar o noso Proxecto!!! Hoxe, no xornal "El Correo Gallego", preme no enlace para ler a noticia.
Mañá día 7 estade atentos a Radio Arzúa sobre ás 11:00 horas e poderás oirnos contando a nosa participación no Plan Proxecta.


Noraboa!!

Noraboa ao alumnado e profesorado implicado no Proxecto Clim@!!!

O voso traballo, implicación, ilusión, ideas, colaboración das familias e, sobre todo, as ganas de coidar o Planeta no que vivimos, conseguiron que o noso centro fose seleccionado para participar na I Xuntanza do Alumnado pola Sostibilidade e a Paisaxe, que se celebrará o día 19 de xuño en Pontevedra.
Graciñas rapaces por contaxiarnos o voso entusiasmo,...dentro das nosas posibilidades conseguimos POÑERLLE FREO AO CAMBIO CLIMÁTICO!

Un museo con moito refugallo

Estes días Marela solicitou (dende Clim@ e Xogade) a axuda das familias para crear xoguetes con material de refugallo e, unha vez máis, foi todo un éxito a participación!!! Graciñas e noraboa polo voso traballo!!
Os xoguetes deixan ver que a vosa creatividade e ilusión non teñen límites.
Xogo e reciclaxe únense para axudar ao planeta a estar un pouco máis coidado e limpo, ao tempo que nos divertimos en familia.



 

Se queres saber máis visita os blogues:

http://oplanetadamarela.blogspot.com.es/

http://xogadearzua.blogspot.com.es/

Separamos o lixo con Marela

Hoxe Marela quere ensinarnos a separar o lixo para seguir coidando o planeta, mirade que vídeo tan chulo nos quedou cos debuxos feitos polos nenos e nenas de Infantil.

 

Ecovixías

A partir de hoxe veremos no patio varios nenos e nenas coidando o ambiente do noso cole, son os ECOVIXÍAS! Cos seus consellos axudarannos a tomar conciencia sobre o cambio climántico, darannos recomedacións para contaminar menos, gastar menos enerxía,...

Con cámara de fotos na man esto é o que atoparon, quedaron sorprendidos poque atoparon moito lixo tirado no chan, as portas estaban abertas desperdiciando a calor da calefacción,..

 

 

Podedes seguir o seu traballo no blog: http://oplanetadamarela.blogspot.com.es/

 

Cambio climántico

Aquí tedes un xogo para seguir aprendendo sobre o cambio climático. Preme na imaxe para comezar!

Marela

Preséntovos á nova mascota que nos vai axudar a coidar o noso medio. Chámase Marela. Gústalle facer deporte, comer froita e coidar o planeta Terra.

Ela vainos orientar para superar o noso reto: Como podemos frear o cambio climático?

A nós xa se nos ocurriu algunha idea que podes ver premendo aquí. Seguiremos informando dos seus consellos.

Aquí tedes ás compañeiras de Marela, todas diferentes: altas, baixas, verdes, con sombreiro, pero todas estupendas!! Noraboa aos seus creadores!!!

Comezamos!

 

Este días comezamos co Proxecto Climántica que imos poñer en marcha no cole.

Para empezar Pingallo deixounos unha carta onde nos explica un problema que ten lugar na Antártida, pero podemos axudar a solucionar dende Arzúa!

Podes saber máis deste novo Proxecto no blog:

www.oplanetadamarela.blogspot.com

Tamén podedes informarte do programa na web da Consellería de Educación premendo aquí

Powered by Drupal - Design by artinet