Paisaxe

UNHA PAISAXE MOI SANA

 
En 3º nivel quixemos mesturar varias materias e varios programas do Plan Proxecta nun proxecto moi moi atractivo e interesante: unha fermosa paisaxe de costa.
 
Primeiro fixemos un boceto do que queriamos facer empregando as Tics:
 
 
Logo mans á obra, cada grupo na súa aula, quedándonos como podes ver na seguintes imaxes:
           
3º A
 

 

 

 
3º B
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
E despois fixemos unha pequena descrición do que fixemos
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
Un exemplo
 
 
 
 

 

TALLER DE POESÍA 3ºB


 

ROTEIRO DE OUTONO

Para ver o fantástico roteiro dos nenos e nenas de 5º e 6º preme na imaxe

 

CERCADO DE VIMBIO

Hoxe empezamos a facer o cierre natural de vimbio na zona onde estaba o invernadoiro anteriormente.

























 
 
Despois baixaron os nenos e nenas de 5º a rematar a tarefa para participar todos e todas xa que é un proxecto común
 



































 
QUEDOUNOS CHULO, OU NON?
 



 
 
 
 
 



 
 

PLANTAS QUE CURAN PLANTAS II

Nunha das asambleas que tivemos para seguir propoñendo actividades xurdeu a pregunta: como fariamos no caso de coidar agora as hortícolas plantadas para mantelas sans e fortes?
Sairon moitas posibilidades pero sobre todo acepatmos fabricar un nós mesmos xa que así aprenderemos máis e será máis ecolóxico...despois de investigar optamos por un estracto de ortigas.

Pois man á obra!!!!

 

 

Dividímonos por grupos as distintas fases, así o terceiro nivel encargámonos da primeira fase de recolección.

 
 


A segunda fase podémola dividir en dúas, primeiro faríamos a mestura do triturado (1 quilo de planta triturada ou cortada miudiña/ 10 litros de auga)











Xa feita mestura, temos que remexer de 20 a 25 días, como mínimo tres veces ao día, para evitar a putrefacción e favorecer a fermentación dos compoñentes da mestura. Para iso fixemos unhas quendas entre todas aulas participantes no programa...
Que cheiro Mareliña!!!!!









Turno de Educación Infantil









Turno de 3º B




 

Saída de outono

Carballos, landras, castañas, piñas, follas polo chan, millo, cogomelos,..isto, e moitas outras cousas, foi o que atopamos o pasado martes as nenas e os nenos de Infantil polos arredores do cole. Observamos os cambios da paisaxe coa chegada do OUTONO e...cóntovos un segredo? Houbo algún neno que viu asomar un lobiño polo bosque!!!

Paisaxes de outono

Chegou o outono e con el os laranxas, vermellos, amarelos, marróns...Con todas estas cores, pintaron unha paisaxe do bosque nunha noite de outono, os nenos e as nenas de 4 anos, chulisimo!!

 As nenas e os nenos de 5 anos investigaron un montón sobre un elemento característico da paisaxe de outono: os cogomelos. Primeiro observaron as súas características e despois fixeron uns traballiños como reflexo do aprendido.

 

Na aula de 3 anos, fixeron unha paisaxe urbana pintando co pincel un montón de casas de moitos tamaños e cores distintas, pero...cal será a casa da Bruxa Maruxa? Achégase o Samaín, así que pronto o descubriremos!!

 

PLANTAS PARA CURAR PLANTAS I

Hoxe os nenos e nenas de 3º nivel  fomos con Nacho para recoller os ingredientes da propia natureza, da paisaxe que nos arrodea, para facer un pesticida, funxicida e revitalizante chamado Extracto de Ortigasunha actividade proposta para fabricar nós mesmos e dentro duns 20-25 días poder empregar no noso horto e protexer os nosos cultivos.
 
 



 

Plantamos no horto

Ollade aos máis pequenos do cole traballando na horta!!!Plantaron leitugas, repolos,...Marela xa se está relamendo ao pensar nas ricas verduras que imos ter!!

Unha vez máis, temos que agrader a Ignacio (papá dun neno do cole) a súa axuda e paciencia. Grazas a el conseguimos ser capaces de cambiar a nosa paisaxe!!

 

 

3 anos

4 anos

5 anos

Powered by Drupal - Design by artinet