Tivemos a gran sorte de ter no noso centro unha actividade levada a cabo por MEIGA USC, un equipo de 20 estudantes de mediciña e outras especialidades relacionadas coa saúde, tanto físico como mental, e dúas supervisoras que a organizaron en sete obradoiros:
OBRADOIRO DE CONSULTA:
- Historia clínica
OBRADOIRO DE CIRURXÍA:
- Raios X: Son varios de cada un porque dependerá da "patoloxía" que teña cada peluche: 5 osos, 5 ositos de peluche, 5 rabos, 7 brazos, 7 patas, 7 tórax, 5 abdome.
OBRADOIRO DE HÁBITOS DE VIDA E EMOCIÓNS SAUDABLES
- Canción: Emocións
OBRADOIRO DE NUTRICIÓN:
- Receita
- Pirámide alimentaria
OBRADOIRO DE ANATOMÍA:
- Canción SUSANITA TEN UNS PULMÓNS:
- Esta canción que está subida a YouTube para que tanto eles como os seus pais, como os profesores, a poidan ver e escoitar cantas veces queiran.
OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS
- Documento OBRADOIRO DE CANCIÓN PPAA
XOGO GLOBULOS VERMELLOS
-Entrega dun Diploma
CARTILLA DE SELLOS PARA NENOS/AS:
- Documento no que se dá fé dos obradoiros polos que pasaron.
Foi unha experiencia inesquecible, por unha mañá sentímonos doutores e doutoras achegándonos ao seu día a día, as súas boas prácticas, ensináronnos como actuar en casos de urxencia, como funciona un raios X, a vestimenta dun quirófano, como facer unha cura, unha vendaxe... e ao mellor déronnos unha pista para saber que quero ser de maior.
Poderiamos estar contando durante horas todo o que fixemos partindo dunha perfecta organización da actividade: grazas a todo o equipo médico por ensinarnos dunha maneira tan interactiva e con tanta tenrura e dozura.
GRAZAS TEDDY BEAR HOSPITAL!