2º Ciclo de Infantil

ENFERMEIR@S DE PEDIATRÍA POR UN DIA!

Hoxe , Dende a nosa aula de 3 anos quixemos sumarnos a iniciativa proposta dende a CONFEDERACIÓN ANPAS GALEGAS que nos animaba a participar na iniciativa de Pediatras e Matronas Xa, unha asociación sen ánimo de lucro que loita polos servizos sanitarios dos cativos e cativas.

Tratàbase de vir hoxe ao cole disfrazad@ de pediatra/matrona... , Traer algo blanco que o simbolizara ou mesmo vir ao cole con algún material que utiliza a nosa pediatra.

 

Nós , como equipo, decidimos converternos n@s mellores enfermeir@s  de  pediatría dispost@s a acudir a calquer emerxencia sanitaria!

Para iso , ademáis de participar dende a casa as familias, na escola elaboramos o noso propio gorro de enfermeir@s e o nosos Carnet identificativo para converternos en grandes profesionais da saúde! 

COÑEZO O MEU CORPO

En este segundo trimestre e relacionandoo co tema de este ano :MEDIO AMBIENTE E SAÚDE" na nosa aula estamos a traballar o proxecto "COÑEZO O MEU CORPO", no que traballaremos as principais partes do corpo, as nosas diferencias e a importancia dunha boa alimentación e boas prácticas deportivas para mantelo forte e san.

Durante esta semana traballamos as partes da cara a través dun xogo que nós mesmos fixemos e co que agora podemos practicar e xogar á vez que aprendemos:

O NOSO PROPIO ROMPECABEZAS COAS PARTES DA CARA.

Con esta actividade traballamos ademais a igualdade , xa que cada un/ha o coloreou ao seu gusto saíndo cousiñas moi diversas que nos axudou a traballar as nosas diferencias e a fomentar o respeto por tod@s e cada un de nós.

 

 

        

 

Ademais estamos aprendendo o baile dunha canción que nos gusta moito!

Movemos o noso corpo todos os dias para estar en forma e manternos fortes e sans!

https://youtu.be/z6DoPp-LkTA

 

 

 

 

 

 

 

 

DIA DA PAZ EN 3 ANOS

O 30 de Xaneiro establécese , segundo o calendario escolar, como o o día da Paz.

Na aula de tres anos estamos a traballar bos hábitos como o respeto, a igualdade, a paciencia , tentar non pelexar , solucionamos os problemas a través do diálogo...

Para conmemorar este día os meus peques elaboraron a coroa da paz titulada: COLORES DE PAZ. Porque...parémonos a pensar... ¿Por qué todas as pombas da paz son brancas?

Na nosa aula conversamos acerca de esta pregunta e pensamos... As pombas de outras cores tamén queren ser palomas de paz! Por iso entre todos e todas axudarémoslle a conseguilo.

Cada pequeno e pequena decorou a súa coroa verde con gomets de diferentes formas e cores , coloreou ao seu gusto a palabra PAZ e unha pombiña que cada quen fixo como máis lle gustou.

 

 

Elaboramos ademáis o COLGANTE DA PAZ. Que vos pareceria un colgante máxico co que calmar a nosa ira e os nosos enfados?

Un colgante no que os nosos sorrisos contaxian o mundo de Paz e felicidade.

Traballamos con masa para modelar, picamos, utilizamos pintura de dedos, e debuxamos un gran sorriso nas nosas vidas!

 

 

 

 

 

 

SEMANA DA FROITA

 Ao longo de estas dúas semanas no noso cole estase levando a cabo o reparto de foita e leite durante a merenda de recreo. Fomentar bos hábitos alimenticios repercute positivamente no benestar do noso organismo , de ahí a importancia que estos días lle estamosa dar a unha boa alimentacion rica en froitas e variada.

 Na nosa aula de 3 anos aproveitamos o reparto de froita para traballar algunhas das froitas de inverno e conversar acerca das súas vitaminas .Aquí vos deixamos ademais unhas imaxes dos nosos traballos de  motricidade fina con elas.

 

 

NADAL 2020 EN 3 ANOS

 Un pequeno video explica dun xeito breve e conciso algunhas cousiñas que fixemos  durante esta época de Nadal e a nosa particular felicitación para as nosas familias.

 O alumnado de 3 anos e a súa titora agardamos que pasarades unhas boas festas e que o 2021 veña cargadiño de saúde e  bos momentos Cheos de felicidade!

 

Pinchade na ligazón para poder ver a nosa felicitación!

 

https://youtu.be/-9vYzAQ9wsM

 

SEMANA DA CONSTITUCIÓN

A semana pasada traballamos  seguindo o calendario  escolar a constitución , polo que , en colaboración  co equipo de actividades extraescolares elaboramos unha man que simboliza  a àrbore da educación ( dereito que nos tocou a aula de tres anos) e que relacionamos así co tema común de este curso escolar MEDIO AMBIETE E SAÚDE.Unha àrbore que nace nos primeiros cursos e que con un bo coidado e cariño    pouco a pouco irà medrando converténdose  nunha grande coas suas flores e froitos que encheran de luz o noso planeta. 

3 DE DECEMBRO- DIA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Na aula de 3 anos este ano traballamos diferentes discapacidades a través do conto UN MAR DE COLOR. 

Tapamos os oídos ... Cómo te sentes sen poder ir aos demáis?

Tapamos os ollos... Que vos ocorre se non pudiéramos ver? 

Andamos a pata coxa.. e sinxelo ou complicado? 

...

Para rematar repasamos OS valores do conto , ben importantes  para ser respetuosos coas demáis persoas e darnos conta de que tod@s temos virtudes e cousiñas que nos custan màis pero que con axuda podémolo conseguir! E fixemos este espectacular mural! 

INVESTIGANDO

Aproveitando algúns froitos de outono ,hoxe na aula de 3 anos investigamos como era unha cabaza no seu interior.

OOOHHH! Pero abraid@s se quedaron algúns pequen@s cando ao abrila atopamos no seu interior coma unhas pipas! Que era aquilo? Pero se estaban escondidas ! Cómense profe? 

Por subgrupos de aula achegàmonos a tocala e coller cada unha pipa de esas raras que estaban dentro. 

Que pasarà se as plantamos? En breve descubrirémolo!

 


 Por certo! Sabíades que as cabazas son moi boas para manter o noso sistema inmunitario forte e San? Ademais son un froito que  nos axuda a previr gripes e catarros polo seu poder antioxidante!

 
 

25N - DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe conmemoramos o día contra a violencia de xénero , un día que deberíamos extender aos 365 días do ano. Somos ainda pequenos para poder entender estas cousiñas  pero traballamos dende ben pequen@s a non pelexar , a querernos tod@s por igual , a xogar tod@s a todo, a respetar..por iso para tal ocasión  a profe escolleu  para traballar Unha  canción que a ela lle encanta  e que , tal e cómo nos explicou, fala da non violencia en xeral: QUE NADIE, de Manuel Carrasco . Unha canción que nos proporciona calma e invítanos a pensar.

Despois dunha semana de traballo en equipo elaborando materiais así quedou a nosa posta en escea final! 

O nosa pequena achega para un mundo onde reine a non violencia e a igualdade de oportunidades !

 

 

Traballamos tamén o conto proposto dende o Departamento de Orientación , ORELLAS DE BOLBORETA, onde o respeto e a non discriminación cara os demais,e ,e en especial  cara unha nena chamada Mara, xogan un papel fundamental. 

11 Maras todas elas diferentes e as que cada Unha de elas debemos respetar! 

DIA DA INFANCIA

Como todos os anos o 20 de Novembro recordamos os nosos dereitos, recordamos que todos nacemos diferentes pero tod@s debemos de ser tratados de igual  maneira , sen diferencias .

Este ano na nosa aula de 3 anos elaboramos un mural en equipo, cunha man central que simboliza  a nosa unión frente ao mundo  e una debuxos imdividuais que nos deixan entrever que tod@s somos diferentes , pero que unidos lograremos esa igualdade e eses dereitos que tanto precisamos para medrar. 

Powered by Drupal - Design by artinet