Distribución de froita

MENÚS SAUDABLES 2017-2018

                Resultado de imagen de SETEMBRO        

XORNADA GASTRONÓMICA ITALIANA NO COMEDOR

TOCOULLES ESTA VEZ ORGANIZAR CON TAREIXA AS COCIÑEIRAS , OUTRO DÍA DE XORNADAS GASTRONÓMICAS, A DEGUSTACIÓN DE PRODUCTOS TÍPICOS DE ITALIA, . Buscamos música típica para poñer mentras xantamos.

VIVA A COMIDA ITALIANA!!!!

 

 

NATUREZA, CREATIVIDADE, DIVERSIÓN E FROITA

Para inculcar nos/as máis cativos/as valores como a ecoloxía e o respecto pola natureza e todos os seus seres, é indubidable que se precisa da actuación das familias. Por iso na aula de 4 anos do noso cole propuxémoslles aos pais e as nais que elaborasen cos/as pequenos/as "debuxos" con froita na merenda e logo lle mandases fotos á titora. Todos e todas escolleron o tema da primavera, a natureza ou os animais para as súas "obras". A participación foi estupenda e os resultados inmellorables.
Ollade que creacións tan orixinais!

 

MARISQUEANDO POR NOIA!

Eran as 9: 00 da mañan do dia 15 de marzo de 2017... e ali , na porta do cole estabamos preparados os peques de 4 e 5 anos coas nosas mochilas e as nosas botas de goma para irnos a marisquear e a coñecer moreas de cousas sobre as ameixas e berberechos, técnicas  e aparellos pesqueiros e sobre todo a importancia dunha boa alimentación !

E ALÁ  MARCHAMOS RUMBO NOIAAAA!!

 

 

XORNADA GASTRONÓMICA INGLESA NO COMEDOR

 
TOCOULLES ESTA VEZ ORGANIZAR CON TAREIXA AS AULAS DE PRIMEIRO E SEGUNDO DE PRIMARIA , OUTRO DÍA DE XORNADAS GASTRONÓMICAS, A DEGUSTACIÓN DE PRODUCTOS TÍPICOS DE GRAN BRETAÑA... Decoramos o comedor con murais relativos aos productos ingleses. Buscamos música típica para poñer mentras xantamos.
 
 

 

CATA DO QUEIXO 2017

Co motivo da 42 Festa do Queixo, o consello Regulador da denominación de Orixe Arzúa Ulloa ofreceunos unha cata de queixo para os nenos e nenas de 6º, como xa é tradición no CEIP DE ARZÚA...

Queixeamos a gusto con Óscar que nos explicou todo o referente ao queixo dunha maneira amena e entretida !!!!

 

XORNADA GASTRONÓMICA DE ENTROIDO NO COMEDOR

O 24 de febreiro tivemos o xantar de entroido no comedor escolar: cocido, filloas e orellas. Que rico estaba todo!!!

Tamén contamos cun servizo extra de colaborado e colaboradoras ataviados para o momento. Que sorpresa máis agradable!!!

 

 

 

Darlle as grazas ao personal de cociñas, ás nais e pai colaboradores de comedor, mestres e mestras colaboradores por facer isto posible.

 

 

 

 

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

Os nenos e nenas de 3º fixeron uns traballos moi interesantes sobre peixes, un alimento moi importante dentro da nosa alimentación!!!!!

Se queredes velos e saber máis preme aquí

XORNADA GASTRONÓMICA ARZUÁN NO COMEDOR

TOCOULLES ESTA VEZ  ORGANIZAR CON TAREIXA AS AULAS DE EDUCACIÓN INFANTIL , OUTRO DÍA DE XORNADAS GASTRONÓMICAS, ESTA VEZ MOI PRETO DE NÓS, A DEGUSTACIÓN DE PRODUCTOS TÍPICOS DE ARZÚA...

  • Decoramos o comedor con murais relativos aos productos elaborados no noso concello, o mel e o queixo
  • Buscamos música típica  para poñer mentras xantamos.
 
Foi moi divertido e aprendemos moito sobre estes productos, xa que tivemos unha cata de queixo impartida por Óscar Pérez, Secretario Xerente do Consello regulador da DOP Arzúa-Ulloa e uns talleres do museo vivente da mel de Dombodán, o Enredo do Abeleiro por Amparo.


  • CATA DO QUEIXO o luns 16 de xaneiro para 3º de EP






  • DEGUSTACIÓN DE PRODUCTOS DONADOS PARA O COMEDOR  ESCOLAR o luns 16 de xaneiro


 

  • TALLERES DO MEL o xoves 19 de xaneiro para Educación Infantil

 

 5 anos

 4 anos

3 anos

Xogos para aprender froitas

Que vos paracen os novos xogos para aprender froitas?

Na aula de A.L. coloreamos, recortamos, pegamos e traballamos moito para crear este 3 en raia, este dominó e estos puzzles de froitas.

Gústanvos?

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet