Distribución de froita

UNHA CESTA MOI ESPECIAL PARA A FROITA

Resultado dun traballo colaborativo e en grupo das clases extraescolares con María saeu esta fermosa e particular cesta..ten un anaquiño de todos os nenos e nenas que asisten a este taller os mércores e os venres.
Unha vez máis toda a Comunidade Educativa participa nos programas do Plan Proxecta...
 
GRACIAS 
 

 

 

 

 

 

Froitoemocións

E ti..como te sintes?

Na aula de Audición e Linguaxe, o plátano e o amorodo ensínannos as emocións...

Imitando e asociando xa coñecemos a alegría, a sorpresa, a tristeza e o enfado.

 

 

MAGOSTO 2015

Despois do Samáin xa ven o Magosto, unha das grandes celebracións no noso colexio. Fixemos coincidir co Día do peón, onde fantásticos mestres deste arte nos amosaron como facelo.

 

                                                 

 

E ademáis comemos castañas con cucuruchos deseñados para tal fin e sempre todo relacionado co tema proposto pola Biblioteca OS XOGOS OLÍMPICOS

 

                                          

 

 

 

 

OS MOUCHOS DA SORTE CON FROITA

DESEXÁNDOLLES MOITA SORTE AO ALUMNADO DE 6º QUE MARCHA PARA O IES REALIZAMOS UNS MOUCHOS DA SORTE CON FROITA DIVERSA. TAMÉN PARTICIPOU 5º A

 

 

4ª Semana da Froita

A semana do 8 ao 12 de xuño é a 4ª Semana da Froita no cole. No esquema aparece a froita que toca cada día.

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

Dentro do programa Alimenta-T-ben está a modalidade Ponlle pilas ao teu bocata, para o que se organizou unha actividade de elaborar un bocata onde podían mesturar os alimentos que elexisen. 
A coordinadora deste programa, Marga, en colaboración coa encargada do servizo do comedor, Lourdes, ademáis dun membro dese grupo, Cruz,  puxeron en marcha esta actividade para todo o alumnado do centro, para os mestres e mestras e outro personal non docente . 
Así aparecen diferentes bocatas, uns máis completos ca outros pero todos poñendo en marcha a creatividade e a toma de decisión para pedir como quere cada un o seu bocata.
 
 
 
 
Saéulles xenial!!!!!

3ª Semana da Froita

Continuamos coa terceira semana da froita no curso 2014/2015, que será do luns 11 de maio ata o venres 15. As froitas desa semana son as seguintes:

2ª Semana da Froita

Esta semana, do 13 ao 17 de abril, é a 2ª semana da froita no noso centro.

As froitas son as seguintes:

- Luns: pera

- Martes: ameixa

- Mércores: plátano

- Xoves: amorodo

- Venres: mazá

Semana da froita 1

 

 Comenzamos coa primeira semana da froita no curso 2014/2015, que será do luns 16 de marzo ata o luns 23. As froitas desta semana son as seguintes:

Luns 16: plátano

Martes 17: pera

Mércores 18: ameixa

Xoves 19: amorodo

Luns 23: mazá

 

 

 

AlimentaT- ben!

 

 

Os nenos e as nenas de catro anos seguen aprendendo moitas cousas sobre hábitos de vida saudable. Mirade canto traballaron para facer esta roda de alimentos sans, na que nos recomendan alimentarnos ben e facer moito deporte!! Eu vou seguir o seu consello, e vós?

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet