Equipo TIC, Formación, Boletíns, Recursos, Plan, Incidencias

Como dar de alta ao alumnado na AULA VIRTUAL.

Imos aprender a dar de alta na aula virtual ao noso alumnado. Unha vez obtido os informes AL955 do XADE podedes comezar a inscribilos. Preme na seguinte imaxe para saber como se fai:

                                         

                                      Aula Virtual: Espacio de Aprendizaje - avi - Aprendizaje Virtual Innovador

Banco de recursos en liña para Ed. Infantil e Primaria.

Neste banco de recursos atoparedes recursos por temática ou banco de recursos de reforzo e ampliación por editorial.

Estes recursos poden ser:

                               

Tan só cúmpre ir ao curso no que impartimos aulas para atopar moitos materiais para refozar, ampliar ou presentarar a materia que queremos dar. Por exemplo: Primaria/Segundo/Ciencias Sociais:

Aínda non ten materialñ en galego, pero o autor está aberto a publicar todo o material de creación propiaque se lle envíe.

Recursos TIC para a aula: ISLCOLLECTIVE

Neste sitio web ides atopar vídeos, PowerPoints ou fichas temáticas e interactivas sobre temario de educación primaria para as linguas inglesa, española, etc... en galego aínda non.

Destacan as leccións por vídeo con tarefas secuenciadas. O material pódense modificar e pendurar nos blog dos metres e mestras e asignar como tarefa; para iso tan só hai que se rexistrar. Pódense empregar para introdución, revisión ou reforzo.

                 Free, printable ESL worksheets and video lessons for teaching English as a foreign language

 

                      

Libros EN LIÑA para inglés.

Xa temos os libros dixitais de inglés en aberto ofrecidos pola editorial Oxford dende 1º de Primaria até 6º. Nestes libros poderedes navegar polas súas páxinas como na aula e facer click nos iconos de audio e/ou video e escoitar e ver aqueles textos orais e visuais que estades a traballar na escola.

Poderedes atopalos nos vindeiros días na AULA VIRTUAL (para todos os cursos) e, máis concretamente, para 1º e 2º no blog 5fivecorners.blogspot.com.

Enjoy it!

                      Amazing Rooftops | Learning Resources | Oxford University Press

Morreu o FLASH PLAYER e cúmpre desinstalalo.

 

Os principais navegadores web, como Chrome, Firefox, Edge o Safari levan tempo bloqueando este tipo de contidos. Dende o principio foi unha ferramenta moi utilizada polos ciberdelincuentes para levar a cabo ataques nos nosos equipos.

A día de hoxe aínda temos instalada esta ferramenta en moitos dos nosos PCs, aínda que tamén en moitos outros está bloqueada ou simplemente non instalada. Para desinstalala/bloqueala e evitar problemas recoméndase seguir os s siguintes pasos:

  • Google Chrome:
    • Abriremos o noso navegador, e faremos clic en Máis (3 puntos) > Configuración.
    • En Privacidade e seguridade > Configuración do sitio web > Flash desactivaremos Preguntar antes. Ten que aparecer: "impedir que os sitios web executen Flash.
  • Mozilla Firefox:
    • Iremos ao noso navegador, seleccionaremos o menú e faremos clic en Add-ons > Plugins para Deshabilitar o complemento.
  • Edge: No caso do navegador de Microsoft, este complemento está desactivado de forma predeterminada.
  • Safari: Ídem para o navegador de Apple.
  • A día de hoxe, cúmpre procurar novos recursos para substituír as actividades en liña que empregaban a ferramenta Flash Player. .

 

Programar en GALEGO, doado e paso a paso con STUDIO CODE

Code.org é unha organización sen ánimo de lucro que procura achegar a estudantes,  mestras e mestres á programación dunha mareira sinxela e doada. A súa web inclúe leccións de programación gratuitas, moi sinxelas e doadas de seguir. 

               Code.org: Course 1 - Stage 14: Bee Loops - YouTube

RECURSOS para CREAR RECURSOS (licenza en aberto)

Neste enlace do INTEF podedes atopas recursos dispoñíbeis en aberto. Non todos os recursos dispoñíbeis na rede son susceptíbeis de ser copiados, reutilizados ou distribuídos. Por iso propomos o seguinte bancos de recursos para:

                     - IMAXES   - VÍDEOS   - AUDIOS   - ICONOS

          Sociedad Creative Commons - Los derechos de autor

Os recursos en aberto teñen maior fiabilidade no tempo, son xustos coas súas autoras ou autores e evítannos problemas coas licenzas de uso.

 

 

Ferramenta para probas online THATQUIZ

Web THATQUIZ para prácticar contidos curriculares(todo sobre matemáticas). Pódense tamén configurar probas e actividades de avaliación de distinta dificultade, nivel, limitación de tempo, etc.e recoller o feedback do traballo do alumnado.

Tamén inclúe actividades de xeografía e vocabulario en distintos idiomas. 

             THATQUIZ

FALEMOS EDU (servizo de videoconferencias da Xunta)

Servizo de videoconferencias FALEMOS EDU creado pola Xunta e baseado en software libre. Olla este titorial para veres como funciona:

 

Fichas interactivas LIVEWORKSHEETS

Introdución para o uso de LIVEWORKSHEETS : darse de alta, asignar tarefas, etc:

Truco para simplificar o traballo co alumnado menos destro coas TIC

Powered by Drupal - Design by artinet