Con motivo do Día do Libro, dende o equipo da biblioteca, organizamos un xogo de investigación mediante pistas.
O traballo dos nenos e das nenas de educación infantil foi atopar determinados libros a partir de imaxes das súas personaxes. Para que se familiarizasen cas ilustracións (que forman boa parte do mundo da arte que estamos a traballar no cole) os máis pequenos poideron xogar con este libro LIM no que tamén están as personaxes dos contos que tiveron que buscar. Agardo que vos guste!
Para ver o xogo a pantalla completa preme no cadrado da parte superior dereita da imaxe.