Ola compañeiras e compañeiros,
Para as e os que querades modificar arquivos en PDF porque vos gusta pero non se adapta de todo ás vosas necesidades... seguide os seguintes pasos para poder fedellar nel:
1. Facede click sobre o documento PDF,.
2. Facede click sobre a opción: ABRIR CON...
3. Procurade o programa WORD (se non aparece dádelle ELEXIR OUTRA OPCIÓN -> MÁIS APLICACIÓNS))
4. Seleccionade o programa WORD e dádelle a aceptar.
O propio programa tratará o documento PDF para darlle o formato WORD (.doc)
Tende en conta que pode que algún cadro ou imaxe saia fóra do seu sitio, pero aínda así funciona bastante ben.
Agardo que vos sirva de axuda.
Saúdos.