Organigrama, Consello escolar, Profesorado, Observatorio da Convivencia

ARZUÁNS DO ANO

Ao CEIP de Arzúa concédeselle a distinción de Arzuáns do ano xunto con outras dúas entidades desta vila.

É un recoñecemento á labor educativa do ensino público: traballamos por proxectos en varios programas de innovación educativa  dentro do Plan Proxecta, convocados pola Consellería de Educación. Dende o ano 2010 traballamos en varios programas:  Climántica, Sustentabilidade e Paisaxe, Xogade, Aliméntate Ben, Nós tamén creamos e Protexe aos animais, onde recibimos numerosos premios.  

Pero o maior recoñecemento chegounos o pasado ano 2016 onde nos conceden o 1º PREMIO PLAN PROXECTA 2016, a nivel de toda Galicia.

Todos estes recoñecementos son posibles gracias á implicación de todas as familias, mestres e mestras, todos e cada un dos compoñentes da Comunidade Educativa destre centro pero, sobre todo, ao traballo incondicional e   motivador dos nosos nenos e nenas,  que poñendo en marcha un traballo en equipo ben feito, o traballo cooperativo onde se comparten coñecementos en moitas actividades onde son protagonistas , a educación en  valores e o desenvolvemento competencial.

 Dende aquí quero facer chegar a NORABOA por este traballo en equipo ben feito, e que estamos todos e todas invitados á entrega desta distinción o sábado 4 de marzo na carpa do campo da feira ás 12 horas no acto da lectura do pregón da FdQ xa que TODOS E TODAS SOMOS PROTAGONISTAS.

 

Curso de mestres e mestras no colexio

Hoxe comezamos un curso TIC no cole.

¡Cantas cousas imos aprender!

BUFFFF seguro que levamos deberes!!!!!!

do CEIP de Arzúa

 

Powered by Drupal - Design by artinet