Escolares

ARZUÁNS DO ANO

Ao CEIP de Arzúa concédeselle a distinción de Arzuáns do ano xunto con outras dúas entidades desta vila.

É un recoñecemento á labor educativa do ensino público: traballamos por proxectos en varios programas de innovación educativa  dentro do Plan Proxecta, convocados pola Consellería de Educación. Dende o ano 2010 traballamos en varios programas:  Climántica, Sustentabilidade e Paisaxe, Xogade, Aliméntate Ben, Nós tamén creamos e Protexe aos animais, onde recibimos numerosos premios.  

Pero o maior recoñecemento chegounos o pasado ano 2016 onde nos conceden o 1º PREMIO PLAN PROXECTA 2016, a nivel de toda Galicia.

Todos estes recoñecementos son posibles gracias á implicación de todas as familias, mestres e mestras, todos e cada un dos compoñentes da Comunidade Educativa destre centro pero, sobre todo, ao traballo incondicional e   motivador dos nosos nenos e nenas,  que poñendo en marcha un traballo en equipo ben feito, o traballo cooperativo onde se comparten coñecementos en moitas actividades onde son protagonistas , a educación en  valores e o desenvolvemento competencial.

 Dende aquí quero facer chegar a NORABOA por este traballo en equipo ben feito, e que estamos todos e todas invitados á entrega desta distinción o sábado 4 de marzo na carpa do campo da feira ás 12 horas no acto da lectura do pregón da FdQ xa que TODOS E TODAS SOMOS PROTAGONISTAS.

 

XORNAL A MARELA LISTO!!!!!!

Para facelo partimos dun estudio pormenorizado das diferentes sección dun xornal...que plasmamos e recollemos nun mural...

 

SEMANA DA PRENSA

 
Xa chegou a conmemoración da SEMANA DA PRENSA  e para celebralo convertímonos en corresponsais do nos propio xornal, coas novas sobre a actualidade e as actividades a destacar dentro e fóra do noso cole.
 
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
 
Aínda nos falta a portada!!!!!

PADRÓN DE ROSALÍA

Para completar o estudo da vida e da obra de Rosalía de Castro, hoxe, fomos a Padrón a visitar a súa casa museo, ademáis de facer outras actividades non menos interesantes como visitar o espolón, o Convento do Carme, o xardín botánico-artístico...

  
 


 
queres ver máis entra no blog http://terceironivel-ceiparzua.blogspot.com.es/
 

XA TEMOS O VÍDEO!!!!

Gracias a este fantástico vídeo podemos mostrarvos a fermosa experiencia que vivimos ao asistir ao concerto de Najla Shami na Casa da Cultura, onde interactuamos en todo momento, con pandereteiras, bailarín e bailarina incluídas.

 

 

 

A CIENCIA QUE CONTA

Outra vez unha boa e fantástica nova para o CEIP de Arzúa!!!!! 


 
O ditame do xurado deste concurso A CIENCIA QUE CONTA fíxose público este sábado en Vigo, coa conseguinte entrega de premios, no cal tivemos representando a toda a Comunidade Educativa do noso cole a unha finalista e campiona, Elsa Fernández López co seu conto titulado O descubrimento de Leo.
 
 
 
 
Volvemos a obter bos resultados neste certame, por terceira vez consecutiva. A primeira foi Antía Pardo, logo Iván Orois e este ano, nada máis e nada menos o terceiro premio co traballo de Elsa Fernández López. 
 
Este premio pon de manifesto que o traballo en equipo de todos os integrantes dunha Comunidade Educativa fai posible obter logros moi exitosos que enchen de experiencias as vidas do noso alumnado. 
 





 
 
 
 
Noraboa a Elsa e tamén aos demaís compañeiros e compañeiras de terceiro A e B e 5º A que participaron con relatos non menos interesantes e bos!! 
 
Somos un equipo e alegrámonos dos triunfos dos nosos!!

Actividades do curso

 MAGOSTO
 NADAL  ANTROIDO  LETRAS GALEGAS
 31 de decembro  19 de decembro  20 de febreiro  14 de maio
Descrición  Descrición  Descrición  Descrición

XORNAL ESCOLAR "RULAR"

Tódolos anos sae un exemplar coa portada elixida entre as distintas portadas polo alumnado dun ciclo.No ano 2005 tocoulle ao 2º Ciclo de Infantil, no 2006 aos do 1º Ciclo de Primaria, no 2007 realizouse unha recompilación coas confeccionadas polos alumnos do 2º Ciclo, e no ano 2008 a feita por unha alumna do 3º Ciclo. Neste curso agardamos novamente as de Infantil, sempre con cores vivas e moita imaxinación.

Powered by Drupal - Design by artinet