Deportes

Aprendemos a crecer sans e fortes!

VIAXE ATA A IDADE MEDIA

Este ano nos XII Xogos de Primavera viaxamos ata o medievo escollendo para os nosos equipos de brilé, minibasket e fúbol sa, nomes relacionados coa Idade Media.

Se queres ver o calendario dos partidos achégate ao castelo de Educación Física e busca ao teu equipo...

XII XOGOS DE PRIMAVERA NO CEIP. DE ARZÚA

   Xa están aquí os XII XOGOS DE PRIMAVERA nos que participaremos con equipos das distintas clases en fútbol, minibasket e brilé e tamén de xeito individual en xadrez. Ánimo e a participar todos e todas como xogadores e xogadoras,  árbitros e espectadores!.

Vídeos do partido de minibasket

Se coas fotos non imaxinades a emoción do partido de minibasket...aquí tedes aos equipos en movemento.

PODEDES OLLAR OS SEIS VIDEOS, UN TRAS OUTRO, CLICANDO CO RATO SOBRE O BOTÓN DE DESPRAZAMENTO:

sentímolo, flash non está dispoñible.

sentímolo, flash non está dispoñible.

sentímolo, flash non está dispoñible.

sentímolo, flash non está dispoñible.

sentímolo, flash non está dispoñible.

sentímolo, flash non está dispoñible.

Partido Minibasket: equipo alevín Vs profes

Hoxe, xogamos no colexio un partido de minibasket entre o equipo alevín e os profes. O marcador quedou así:

     EQUIPO ALEVÍN                PROFES
                  31
                     30

Foi un encontro moi divertido e do máis reñido pois ámbolos dous equipos tiñan xogadores e xogadoras do mellor! Do mellor foron tamén a arbitro, o encargado dos marcadores e as afeccións que estiveron animando e enviando boas enerxías durante todo o partido.

Como non pode ser doutro xeito os profes queremos dar dende aquí a nosa máis sincera noraboa ao equipo alevín, sodes os xustos vencedores polo voso bo xogo, pola vosa ilusión e polo compañerismo que nos demostrastedes...seguide así campións! 

Se pinchades nestes enlaces poderedes ver un pouco máis do partido: FOTOS        

Powered by Drupal - Design by artinet