Xogade

ENTREGAMOS A CESTA!!!

Hoxe volvemos a sortear de novo a cesta de entroido, xa que o boleto premiado o venres 1 de marzo, non apareceu.

Fixemos o sorteo na hora do recreo e o número premiado é o......

 01547

 Puxémonos en contacto coa persoa agraciada que se presentou non Centro co boleto premiado para recoller a cesta.

 NORABOA!!!!

 

CESTA PREMIADA!!!

Hoxe no cole sorteamos a cesta de entroido e o NÚMERO PREMIADO é o 01283.

O agraciado ou agraciada deberá presentar o boleto premiado  para poder recollela no Ceip de Arzúa. O prazo límite para poder retirala é ata xoves 7 de marzo de 2019, en caso de que non apareza, procederase a un novo sorteo o venres 8 de marzo.

 

NÚMERO PREMIADO 01283!!!!

CESTA DO ENTROIDO!!!

Xa chegou o Entroido!!!... e cada vez estamos máis preto da nosa viaxe á neve.....

Traballamos con ilusión e entusiasmo para poder aumentar un día máis de estancia en San Isidro, por iso decidimos sortear unha cesta con productos do entroido e avaratar así o custo desta saída deportiva.

Dende aquí, os alumnos e alumnas de quinto e sexto,  queremos agradecer a todas aquelas personas, que dun xeito ou outro, apoiaron a nosa iniciativa e participaron nela.

Moitassssss graciassss!!!

Lembrade que este VENRES, 1 DE MARZO,  despois do desfile de entroido, que terá lugar no pavillón de O Viso,  sortearemos a CESTA DO ENTROIDO.

OS DE PRIMEIRO NO MAGOSTO DO COLE

Se queres ver como o pasamos preme na imaxe

 

MEDALLAS NOS XOGOS DE PRIMAVERA

Xa é dia 19 e toca entrega de medallas despois dunha durisimas xornadas de competición... pero xa sabemos que o máis importante é PARTICIPAR e DIVERTIRSE!!!

 

 

SAÍDA A SANTIAGO DE SEXTO B - 15 DE XUÑO DE 2018

Os nenos e nenas de sexto B fomos de excursión a Santiago de Compostela por mor dun premio por participar en Fairway, un concurso de debuxo.

 
Como é a nosa derradeira excursión, ou iso dicimos sempre, aproveitamos o día ata altas horas da noite organizando outras actividades superentretidas e divertidas!!!
 
Collemos o tren turístico na Praza do Obradoiro

 

 

 

 
 
 
Logo, mentres agardábamos para entrar en DivierTTpark fomos tomar un aperitivo á Bodeguilla de San Lázaro...
 

 

 

 
Xa son case as doce e estamos en multiaventura...DIVIERTTPARK 
 

 

E COMEZA A DIVERSIÓN!!!!!

DESEÑO CAMISETAS 5º-XX XOGOS DE PRIMAVERA

 

 

 

 

 

 

 

 

MANEQUIM CHALLENGE

Os nosos compañeiros e compañeiras de 4º A quixeron "conxelar" o seu traballo e para iso decidiron comportarse como os famosos e crear o seu propio "manequim challenge".

O pasado luns puxéronse dacordo entre eles e las para grabar dous estupendos vídeos sobre unha temática debatida, que quixeron amosar.

O primeiro déronlle unha faceta educativa, querendo ensinar o seu traballo na aula e para iso adoptaron unhas posturas de lectura, escritura ou incluso portando esas pesadas mochilas, cargadas de sabidoría e traballo.

 

No segundo, quixeron amosarnos que , coma nenos e nenas que son, tamén necesitan tempo de xogo, e para iso foi estilo libre.

Agardamos vos guste pois puxeron moito esforzo e adicación! E non esquezades que para todos e todas é moi difícil permanecer quedos tanto tempo e, aínda así, fixérono PERFECTO.

 

 

OS NOSOS AVÓS ENSÍNANNOS OS SEUS XOGOS

Despois de moitas xornadas de traballo os nosos avós e avoas fixéronnos unha exposicion de xoguetes e xogos aos que eles e elas xogaban en antaño. É moi agradable ver todo o que saben, ensinan e constrúen...son verdadeiros artistas.

Fomos desde 4º de Eduación infantil ata 6º de Educación Primaria, cun horario preestablecido por Thais e Aurora.

Foi unha experiencia moi gratificante e enriquecedora!!!!!

 

MAGOSTO 2016

 

O pasado venres 4 de novembro celebramos no noso colexio o magosto. Aproveitamos a xornada para  practicar distintos xogos tradicionais e tamén degustamos unhas deliciosas castañas como podedes ver no vídeo.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet