Ed. Física

BREOGÁN contra CÁCERES

Fantástica experiencia onte no Pazo de deportes de Lugo vendo o partido de  o Café Candelas Breogán contra o Cáceres Patrimonio de la Humanidad...

 

 

Provincialeeeees!!

Traballo, esforzo, sacrificio, deportividade e moita ILUSIÓN, son os valores que defenderon os equipos benxamín e alevín de minibasquet, tanto nos entrenamentos como nos diferentes encontros deportivos.
A súa constancia no traballo e o seu espíritu de superación, levou aos nosos deportistas a participar na fase provincial de minibasquet celebrada en Porto do Son....
O responsable de despertar a ilusión polo  baloncesto e as gañas de prepararnos....???
 MOREIRA," o noso entrenador " .

Dama a torre!

Os nenos de 2ºA e 2ºB apuntámonos ao xadrez con Marela e a súa familia. Aprendemos moitas cousas, incluso repasamos conceptos de Matemáticas: filas, columnas, números pares e números impares, diagonales....
Fixádevos o que nos ensinou Xosé, un papá que tamén se apuntou a Xogade......

Esforzo, ilusións....

 

Este sábado os nosos deportistas participaron na fase zonal do Campionato de Campo a Través que tivo lugar en Santiago.

Cheos de ilusión e sen medo ao frío e a chuvia, demostraron unha vez máis a súa deportividade e o seu compañeirismo.

Parabéns a todos os atletas que nos fixéstedes partícipes, tanto aos papás como aos profes, do voso esforzo e espíritu de sacrificio, demostrando que o DEPORTE forma parte da nosa EDUCACIÓN.

Mirade, mirade que grandes deportistas....

Preme aquí para ver o resto das imaxes....

Relaxámonos!!!

Estamos preparándonos para o noso reto: Edúca-T Movéndo-T, e que mellor maneira que relaxarnos e así poder desenvolver os nosos proxectos con enerxía.

Durante o mes de outubro, Manuel Mariño ensinounos diferentes técnicas de relaxación e traballou con nós a respiración así como a relaxación do corpo e da mente. Marela tamén se apuntou ás nosas clases e o resultado foi este....

Se queres ver as nosas sesións de relaxación, pincha aquí...

Aprendemos a crecer sans e fortes!

Os nosos equipos!!

Mirade que guapos están este ano os equipos dos XVII XOGOS DE PRIMAVERA e dos PEQUEXOGOS coas súas camisetas...

Se queres ver o resto dos equipos pinchade aquí!!

Os Xogovixías!!

 Estamos a punto de rematar os XVII Xogos de Primavera, onde os protagonistas destas competicións a parte dos nosos grandes deportistas foron os XOGOVIXÍAS, que se encargaron de vixiar o cumprimento das regras e o respecto e o compañeirismo entre os xogadores, actuando como verdadeiros árbitros, valorando a deportividade e penalizando os comportamentos antideportivos....

Gracias pola vosa labor tan importante!! 

Powered by Drupal - Design by artinet