5º Curso

E elas... Onde están? - Visita ao Museo de Belas Artes

Este martes 7 de maio, dende a materia de Ed. Plástica e visual, o alumnado de 5º e 6º visitou o Museo de Belas Artes de Coruña para coñecer o programa do museo que leva por título " Y ellas... ¿dónde están?", unha exposición na que amosan aos nenos e nenas curiosidades e datos importantes sobre diferentes mulleres que protagonizan os cadros expostos no museo: a vida que levaban as raíñas, as galegas fortes de Sotomayor, o impactante contrato laboral que tiñan que firmar as mestras no século XIX...

E logo, para aproveitar o bo tempo, disfrutamos da comida na praia do Orzán. 

 

 

 

 

Proxecto artístico de 5º de EP

Este curso escolar, a materia de EPV para 5º de Primaria está enfocada en mulleres artistas e pintoras de diferentes épocas e partes do mundo, e para o 1º trimestre, os alumnos e alumnas traballaron nun proxecto moi complexo no que tiñan que mesturar acuarelas, rotuladores e emocións. 

Tras falar brevemente de Helen Frankenthaler e Yayoi Kusama e ver obras de estas artistas, inspirámonos nos dous estilos abstractos (con acuarelas e patróns ou puntos) para representar o que sentimos e o que comprendemos cando falamos de multiculturalidade, igualdade, solidariedade, e da importancia de respetar as diferentes culturas do mundo. Como banda sonora tivemos a canción "We are the others" de Miyavi que estamos a traballar na materia de Música.

Deixámosvos por aquí un collage con todos os proxectos rematados, tendo en conta que o fixeron con acuarela e o escáner non capta ben as cores pouco intensas:

 

OBRADOIRO SOBRE O MARISQUEO_5ºA

O 16 de xuño, o alumnado de 5º A asistiu a un obradoiro sobre o marisqueo que se impartiu no noso colexio.

Primeiro, coa axuda dunhas gafas de 360 graos, os nenos e nenas viron un vídeo que falaba das distintas artes de pesca. Despois comentáronse as imaxes que máis os sorprederon e plantexaron as dúbidas que xurdiron durante o visionado do mesmo.

    

A continuación, baixamos ao patio e alí, coa axuda dunha lona do fondo mariño, presentáronse as diferentes especies co fin de descubrir o hábitat de cada unha. Aprenderon a diferenciar un longueirón dunha navalla, unha vieira e unha zamburiña, un berberecho e unha ameixa...Tamén tiveron nas mans unha réplica dunha nasa e viron que para lastralas ponse cemento no fondo ou unhas pedras. 

  

 

DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE_5ºA

Son moitas as actividades que este curso xiraron arredor da temática do medioambiente. Na aula de 5ºA rematamos este mural no que traballamos distintos aspectos relacionados co tema. Nel aparecen as nosas propostas para evitar a contaminación do aire, da auga e do solo. Tamén, consellos que debemos ter en conta para contribuír a un desenvolvemento sostible do noso planeta e, por último, a nosa aposta polas enerxías limpas. 

Esta primeira semana de xuño tamén colaboramos na elaboración do mural colectivo que se colocou na entrada do colexio. 

     

 

LETRAS GALEGAS_2021_5ºA

Durante o mes de maio fixemos varias actividades relacionadas coas Letras Galegas. 

Por un lado, preparamos a nosa caricatura cunha parte da biografía de Xela Arias para incorporar ao mural colectivo, que se colocou na entrada do colexio. 

Nun taller de escritura organizado na clase de Lingua Galega, fixo cada alumno e cada alumna o seu propio poema, inspirándose nas cousas que nos chaman a atención das nosas familias. E, despois de escoitar varios poemas do libro "Darío a diario" de Xela Arias, volcaron os seus sentimentos nun folio, onde pegaron a foto familiar. Deixamos aquí estes poemas tan fermosos!

  PREME AQUÍ

Esta actividade foi compartida tamén polo alumnado de 6ºA e, entre as dúas titorías, montáronse dous murais nos que se colocaron os traballos realizados. 

   

 

Tamén practicamos a comprensión lectora e o resumo a partir dunha obra inédita de Xela Arias que se titula "Non te amola!"; un libro que supón a primeira achega á narrativa desta escritora. Estes son algúns dos traballos realizados a partir dos contos deste libro. 

    

Por último, achegámonos á vida e obra de Xela Arias a través dos recursos interactivos subidos á plataforma educativa E-Dixgal. 

DÍA DO ACOSO ESCOLAR_5ºA

Este mes de maio na clase de 5ºA fixemos varias actividades que xiraron arredor da temática do acoso escolar. 

Proxectamos a película Wonder, que gozou de moi boa acollida por parte dos rapaces e rapazas. Wonder narra a vida de Auggie Pullman, un neno de 10 anos nado cunha malformación facial - a Síndrome de Treacher Collins-, que lle obrigou a vivir de hospital en hospital sendo operado ata en 27 ocasións. A súa vida transcorre entre as paredes da súa casa, xunto á súa familia e a súa cadeliña Daisy. A súa nai, encargouse de educalo ata o de agora, pero chegou a hora de que coñeza mundo e se enfronte ao seu maior reto: ir por primeira vez ao colexio e tentar ser aceptado por profesores e compañeiros, a pesar de ser diferente ao resto pola súa discapacidade. 

Esta película aborda temas como o acoso escolar, a autoestima, o autoconcepto, o respecto e a tolerancia cara á diferenza, a aceptación... 

Na clase de Plástica fixeron estes collages, en grupos de dous e un de tres,  nos que plasmaron o seu rexeitamento a todo tipo de acoso.

  

  

  

     

  

 

 

DÍA DO LIBRO_ALUMNADO DE 5ºA_2021

O alumnado de 5ºA participou na actividade proposta  este curso a todas as titorías; o "bookface". Estas son algunhas das montaxes que se fixeron:

      

 

      

    

    

Algunhas alumnas e algúns alumnos animáronse e gravaron a reseña dun libro para compartir cos demais:

 

 

 

 

 

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE 5ºA

O día 7 de abril celébrase o Día Mundial da Saúde. Esta data foi escollida en conmemoración á fundación da Organización Mundial da Saúde (OMS) e coa necesidade de crear conciencia sobre as enfermidades mortais mundiais e crear hábitos sans nas persoas. 

O alumnado de 5ºA participou no mural colectivo que se colocou na entrada do centro.

Tamén fixo este traballo onde se recollen os hábitos saudables que se traballaron na nosa aula. 

 PREME AQUÍ  

SEMANA DA PRENSA_5ºA

Na semana do 8 ao 12 de marzo, na aula de 5ºA fixemos diferentes actividades relacionadas cos xornais:

- Lectura do xornal escolar "O Papagaio" e comentario das distintas seccións.

- Realización de entrevistas aos nosos familiares ou amigos/as.

- Análise dunha noticia para distinguir os distintos elementos da mesma. 

- Confección dunha paisaxe usando como principal elemento un xornal. 

    

     

Estas son algunhas das paisaxes elaboradas cos xornais:

    

    

    

    

DÍA DA MULLER_2021 EN 5ºA

Desde o ano 1975, cada 8 de marzo, celébrase o Día Internacional da Muller. Naceu para mostrar as desigualdades entre homes e mulleres e reclamar unha sociedade máis xusta e igual. 

A orixe desta celebración está no século XIX, cando algunhas mulleres traballadoras comezaron a protestar contra as inxustizas que sufrían: non tiñan dereito ao voto, non podían xestionar os seus cartos, non se lles permitía estudar determinadas carreiras...

Na clase de 5ºA decidimos escoller a 23 mulleres galegas para que o alumnado fixera un traballo de investigación sobre as mesmas. Cada neno e cada nena buscou información sobre a muller que lle foi asinada e despois expuxéronse todos estes traballos na aula. O obxectivo é buscar referentes nos distintos eidos da cultura porque nos parece moi importante que se coñeza a vida e a traxectoria laboral destas mulleres que moitas veces foron abrindo camiño para que outras as imitaran. 

    

    

    

 

Powered by Drupal - Design by artinet