2º Ciclo de Infantil

O blog das TIC en infantil

As nenas e os nenos de infantil temos un "blog" para compartir con todos vos as artistadas que creamos e cas que  aprendemos na hora das TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación)

Non deixedes de visitarnos e de deixar os vosos comentarios.

Pincha na imaxe para ir ao blog

Vincent Van Gogh

Un pouco de arte para mirar, escoitar e sentir!

Programa de Educación Vial para Infantil

 Os alumn@s de infantil traballamos neste curso a Educación Vial. 

Se queredes seguir disfrutando coas distintas actividades e animacións pinchade aquí

Excursión a Marcelle

Os nenos e nenas de infantil viaxamos ata Marcelle Natureza (Outeiro de Rei-Lugo) para poder ver de preto dromedarios, cebras, coatí, canguros, linces,...e moitísimos animais máis.
Tamén había alí un río polo que chegan en canoa os indios e  portas e árbores máxicas! Fascinante!

Cumpreanos 2º trimestre 4 anos B

 

OS nenos e nenas de 4 anos B celebramos os cumples do 2º trimestre. Para ver as fotos pincha aquí.

Quenes se agochan no noso castelo?

Damas, campesiñas, bufóns, trobadores, artesanas, escribás, peregríns e outras personaxes da Idade Media andan a pasearse polos máis intrépidos recunchos do noso colexio.

Achegádevos ata a zona de Educación Infantil e intentade atopar a esta dama e este bufón que se agochan no noso castelo.

O equipo de educación intantil queremos agradecer a un antigo alumno do cole  ter colaborado con nós e obsequiarnos ca súa arte. Graciñas, Mikel por debuxarnos a estas dúas valentes personaxes e traérnolas ata tan humildes terras.

HORARIO DE APOIO A EDUCACIÓN INFANTIL

Os nenos e nenas de infantil temos clases moi divertidas, psicomotricidade, música, TICS, contos,etc, coa nosa mestra Finita. Aquí tedes o noso horario.

HORAS LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
1' SESIÓN


Psicomotricidade


5 anos

Garda


Música


4 anos B

Traballo no equipo TIC

Psicomotricidade

3 anos

2' SESIÓN


Música


3 anos


Psicomotricidade


4 anos B


Música


5 anos


TIC


5 anos


Apoio


3 anos

3' SESIÓN


Traballo no equipo TIC


Apoio


5 anos


Psicomotricidade


4 anos A


TIC


3 anos

Garda
4' SESIÓN Garda


Música


4 anos A


Bibilioteca


TIC


4 anos B


Apoio


4 anos A

5' SESIÓN


Apoio


3 anos

Libre disposición


Apoio


3 anos


TIC


4 anos A


Apoio


4 anos B

 

 

Fotos Antroido

Xa están a vosa disposición as fotos deste antroido. Para velas pinchade aquí

COMEZAMOS!

As mestras de Educación Infantil pretendemos crear aquí un espazo ao que toda a comunidade educativa se poida achegar (un pouquiño máis) ao traballo que facemos neste ciclo.

Aquí poderedes atopar algúns traballos dos nosos nenos e das nosas nenas, proxectos, experimentos, palabras, arte, xogos, contos, celebracións,...en definitiva, unha morea de cousas polas que nos interesamos e coas que nos ilusionamos cando vimos ao cole.

Agardamos que vos guste!

Powered by Drupal - Design by artinet