2º Ciclo de Infantil

UNHA FERMOSA PAISAXE de PAZ

Os nenos e nenas de 3 anos fixeron unha fermosa paisaxe de mar onde aproveitaron para traballar conceptos sobre a PAZ

 

 

VIAXANO CON ARIS APRENDEMOS UN MONTÓN!

Este curso on nenos e nenas de 6º de Intantil estamos a aprender moitas cousas con nosa amiga Aris...por certo vouvola a presetar... aquí a tedes

 

 

 

Comezamos o curso facendo unha viaxe pola prehistoria. Foi moi divertido! Aprendimos que a súa forma de vida é totalmente distinta a nosa...Ali vivía o Home de Cromañón nunhas covas que el mesmo decoraba con animais e motivos de caza. A pintura que utilizaban para esto, facíana mezclando o sangue dos animais con terra e plantas machacadas.As pinturas que decoraban as súas  cobas coñecense como Arte Rupestre.

Aprendimos tamén que as súas rooupas facíanas coas peles dos animais que eles mesmos cazaban. E soían vivir preto dos ríos para ter auga para lavarse e cociñar...Buf! poderiamos contarvos moitas cousas sobre esta época pero para que vos dedes unha idea pinchade aquí e poderedes aprender tanto coma nós.

Tamén ppinchando  na Prehistoria , podedes ver un conto relacionado co tema.

Anosa viaxe continuo por o Antigo Exipto. Ali tamén aprendimos moitas cousas como que o seu rio é o Nilo, que alí vivían os faraóns, que había unhas pirámides enormes onde se enterraban éstes nuns sarcófagos, despois de seren embalsamados.

Chamounos moito a atención a súa maneiira de escribir. Eran os xerogíficos, formados por debuxos que nada teñen que ver coas nosas letras.Facíanos sobre pedra, madeira ou papiro.

O papiro era unha especie de follas de papel que fabricaban coa planta que leva o seu meso nome.

Aprendimos moitas cousas mais... se queredes ver un video relacionado co Antigo Exipto pincha aquí.

Para ver outras paxinas e videos de interes podes pinchar nos enlacnes

seguinte un e dous.

PARABÉNS........E QUE CUMPRADES MOITOS MÁIS.......

 


Os cumples do primeiro trimestre :

JAVIER

O primeiro cumple do trimestre : Tarta de chocolate e chuches para compartir! Mmmmmmm....... riquísimo!

 

 

 

 

NOELIA VÁZQUEZ

 

Noelia ten unha amiga moi especial en tres anos A , por iso os convidamos. Que apetitoso estaba todo....!!!

 

 

DANIEL

 

 

Daniel sabe que as chuches lastiman aos dentes , por iso nos trouxo un rico biscoito feito por mamá e un agasallo moi especial: un libro con debuxos para colorear. XENIAL DANI!!

 

 

 

Aprendemos a manexar o ordenador

Durante este trimestre os nenos e as nenas de Educación Infantil progresaron moito no manexo do rato e o uso do ordenador.

Aquí vos deixamos algúns dos xogos que máis nos gustan, premede enriba da imaxe se queredes xogar.

Aprende a manexar o rato con Paca a vaca (3 anos)
Xogo para colorear (3-4 anos)
Divírtete con Fantasmín (5 anos)

Aloumiña á vaca Condesa

O primeiro que precisamos para crear a nosa curtrametraxe é elexir un conto!!!

Estes días na aula de música de Educación Infantil, coñecimos á vaca Condesa...a nosa mascota do proxecto de paisaxe é a vaca Marela, serán amigas? Isto saberémolo máis adiante!!

 A cousa é que Condesa precisaba aloumiños porque estaba un pouco triste, así que os nenos e as nenas de infantil pensaron nestas cousas para animala...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Como estabamos na aula de música o mellor xeito de animala era  bailando así que movémonos ao ritmo da canción "A vaca Marela". Estade atentos...en vindeiras entradas verédesnos mover o esquelete!!!

Podes escoitar a canción aquí: 

 

Imos cantar!!!

Aquí vos deixo algunha das cancións que estivemos aprendendo, xa no mes de novembro, na aula de música en Educación Infantil.

En 3 anos A bailan a canción da castaña...foi todo un éxito!!

Os nenos e as nenas de 3 anos B pásano en grande con "La brujita Tapita"

Ollade unha canción-conto de Kalandraka "Luna" interpretada polo alumnado de 4 anos. Observade a súa concertración para tocar os intrumentos!!

Na aula de 5 anos son expertos no ritmo con instrumentos de percusión,...aínda que a cámara nos intimidou un pouco, mirade que ben soa a canción da castaña!!

Fotos de outono

 

Os nenos e as nenas de Educación Infantil estiveron aprendendo a empregar a cámara de fotos. Deixaron constancia de que á vaca Marela lle encanta o outono e, como non, a paisaxe do noso cole.

Preme aquí se queres ver as fotografías que sacaron

 

Psicomotricidade Infantil

Os luns temos psicomotricidade en Educación Infantil, non esquezades traer chandal e calzado deportivo!!!

Samaín 2013

Non ides crer o que pasou este ano polo Samaín!!!! Moitos rapaces e rapazas estaban segurísimos de que a Bruxa Maruxa era a profe Chus disfrazada, pero onte descubrimos que son curmás...vaia sorpresa!!!

Este ano Maruxa non nos puido visitar porque estaba nunha Xuntanza de Bruxas para aprender máis trucos de maxia, pero a profe Chus sorprendeunos con algún truquiño que lle ensinou a súa curmá...non sabemos como o fixo, pero no armario da aula de música apareceron chuches para todas e todos!!!

Preme aquí para ver algunha imaxe do momento no que tampouco faltaron os contos!!

Graciñas a todas as familias que colaborastes traendo cabazas decoradas, seguídesnos sorprendendo coa vosa creatividade. Noraboa!!

Unha viaxe de conto!

No día de hoxe, os nenos e as nenas de Educación Infantil viviron unha xornada de conto!! Visitamos o Museo Fortaleza de San Paio de Narla (Friol, Lugo) onde coñecimos como se vivía nun castelo, pero o que máis nos sorprendeu e que alí estaba A Bruxa Maruxa!!!!

Preme aquí para ver as fotografías da xornada

Powered by Drupal - Design by artinet