Samaín 2013

Non ides crer o que pasou este ano polo Samaín!!!! Moitos rapaces e rapazas estaban segurísimos de que a Bruxa Maruxa era a profe Chus disfrazada, pero onte descubrimos que son curmás...vaia sorpresa!!!

Este ano Maruxa non nos puido visitar porque estaba nunha Xuntanza de Bruxas para aprender máis trucos de maxia, pero a profe Chus sorprendeunos con algún truquiño que lle ensinou a súa curmá...non sabemos como o fixo, pero no armario da aula de música apareceron chuches para todas e todos!!!

Preme aquí para ver algunha imaxe do momento no que tampouco faltaron os contos!!

Graciñas a todas as familias que colaborastes traendo cabazas decoradas, seguídesnos sorprendendo coa vosa creatividade. Noraboa!!

Powered by Drupal - Design by artinet