Nós tamén creamos!

Nós tamén creamos no Xornal Escolar Rular 2014

Seguindo coa divulgación do Programa, a realización da curtametraxe da Vaca Marela tivo presenza no Xornal Escolar do cole, no que contamos os pasos que seguimos para a súa elaboración.

E para finalizar, a nosa avaliación da curtametraxe....un unánime pulgares cara arriba

Estreo da curtametraxe "A vaca Marela"

A nosa curtametraxe foi publicada na canle da CRTVG!!

Noraboa polo seu traballo aos nenos e ás nenas de Infantil de de 1º de Primaria. Sen dúbida, a vosa imaxinación e ilusión tiveron a súa recompensa...Marela vese extraordinaria!!!

 

 

Preme aquí para ver as creacións doutros colexios!

Divulgación Plan Proxecta

LIM "A vaca Marela"

Un LIM realizado a partir da curtametraxe "A vaca Marela"

 

Como se fixo a curtametraxe "A vaca Marela"

Unha vez rematada a curtametraxe de "A vaca Marela" aquí vos deixo un resumo con todos os pasos que seguimos para a súa elaboración. Para o estreo da curta teremos que esperar uns cantos días máis pero, polo momento, os máis peques do cole deixannos as súas opinións neste vídeo, non o perdades!!!   

Afinando!!!

 Marela, rato, raposo e coello estiveron hoxe de conversa. Co micro na man gravámolos para a nosa curtametraxe. Preme aquí para descurbrir quen lle pon voz a estes animais.

E queredes saber un segrediño...tamén nos animamos a poñerlle música propia. Todo un reto que, de seguro, acadaremos!!!!!

Aquí tedes a Xián, un alumno de quinto curso, improvisando co seu violín. Graciñas polo teu entusiasmo!!!

Escena 1

A nosa curtrametraxe xa vai collendo forma. A pesar de algún que outro problemiña técnico, está a ser unha experiencia do máis fascinante!!

Din que unha imaxe vale máis que mil palabras, non? Pois mirade que caras!! 

Se queredes ver máis imaxes da gravación premede aquí

Técnica stop-motion

Para a realización da curtametraxe "A vaca Marela" imos empregar a técnica stop-motion, que consiste en realizar fotos dun mesmo obxecto de xeito sucesivo, simulando o seu movemento.

Os rapaces e as rapazas participantes en Nós tamén creamos! estiveron facendo probas e máis probas para ver en qué consiste esta técnica. Sen dúbida algo sorprendente ver como as personaxes se moven soas...pero nós xa sabemos o truco!!

 

Luces, cámara,...

Xa temos o noso recuncho para comezar a darlle vida a curtametraxe "A vaca Marela".

Imos empregar: unha cámara web, un ordenador, unha iluminación axeitada, a escenografía, os personaxes e moita, moita ilusión.

 

Integramos os distintos Programas do Plan Proxecta

Como ben sabedes, este curso estamos a participar en distintos Programas do Plan Proxecta:

AliméntaT-ben, Paisaxe e Sustentabilidade, Xogade e Nós tamén creamos (NTC)

Pois, na curtametraxe "A vaca Marela" que crearemos dentro de NTC imos poder ver algunha que outra pinga dos outros Programas, veredes como...

Para comezar, a protagonista da curta vai ser a nosa mascota para o Plan Proxecta: Marela!!! Mirade que ilusionada está, vestiuse fermosísima para a ocasión!

Como non podía ser doutro xeito, as aventuras de Marela van transcurrir en distintas paisaxes: un bosque, unha praza, un prado,...

 Por todos é coñecido o moito que nos gusta merendar froita no cole, así que na curtametraxe aparecerá un lugar que nos invita a Alimentarnos ben!!

E, para finalizar, Marela amosaramos o moito que entrenou cos nenos e cas nenas en Xogade. Verédela nunha carreira a campo a través xunto con outro dos personaxes, queredes saber con quen???....isto descubrirémolo despois do estreo da curtametraxe. Polo momento, non podemos desvelar máis segredos!!

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet