2º Ciclo de Infantil

Saída de outono

Carballos, landras, castañas, piñas, follas polo chan, millo, cogomelos,..isto, e moitas outras cousas, foi o que atopamos o pasado martes as nenas e os nenos de Infantil polos arredores do cole. Observamos os cambios da paisaxe coa chegada do OUTONO e...cóntovos un segredo? Houbo algún neno que viu asomar un lobiño polo bosque!!!

Paisaxes de outono

Chegou o outono e con el os laranxas, vermellos, amarelos, marróns...Con todas estas cores, pintaron unha paisaxe do bosque nunha noite de outono, os nenos e as nenas de 4 anos, chulisimo!!

 As nenas e os nenos de 5 anos investigaron un montón sobre un elemento característico da paisaxe de outono: os cogomelos. Primeiro observaron as súas características e despois fixeron uns traballiños como reflexo do aprendido.

 

Na aula de 3 anos, fixeron unha paisaxe urbana pintando co pincel un montón de casas de moitos tamaños e cores distintas, pero...cal será a casa da Bruxa Maruxa? Achégase o Samaín, así que pronto o descubriremos!!

 

Os primeiros días de cole

Os nenos e as nenas de 3 anos xa levan un mes conosco no cole!!

Neste video podedes ver algunhas das cousas que fan aula, e como dí a canción...CADA DÍA MELLOR E MELLOR!!

Plantamos no horto

Ollade aos máis pequenos do cole traballando na horta!!!Plantaron leitugas, repolos,...Marela xa se está relamendo ao pensar nas ricas verduras que imos ter!!

Unha vez máis, temos que agrader a Ignacio (papá dun neno do cole) a súa axuda e paciencia. Grazas a el conseguimos ser capaces de cambiar a nosa paisaxe!!

 

 

3 anos

4 anos

5 anos

Comezamos o cole!!

Durante este curso, en infantil, imos aprender un montón de cousas sobre seres mitolóxicos. Os nenos e as nenas de 3 anos xa coñecimos ÁS SEREAS!!

As froitas e os seus derivados.

Sabedes que coas froitas se elaboran moitos outros alimentos? Os nenos e as nenas da aula de 5 anos descubrírono fai pouco, ollade o seu traballo.

De compras pola vila!

Por fin saiu o sol e puidemos saír de excursión!


Esta vez saimos a ampliar os nosos coñecementos sobre as tendas , o que nelas se vende, quen o vende...


Paseamos polas rúas, cruzamos nos pasos de peóns, observamos os escaparates de ferraxerías, panaderías, peixerías, xoiería, zapatería...e fixemos unha parada  dun xeito especial na froitería e o supermercado , nos que  mercamos froita para facer logo unha saborosa macedonia para merendar.


Ollade e veredes que saída máis interesante!


 


   



  


 


 


 


   


 

" MANDARINA CLEMENTINA " Unha paisaxe con encanto...

 

Como remate da semana da froita hoxe probamos a mandarina , unha froita que deu para moito, hasta nos atrevemos cunha paisaxe a que lle chamamos " MANDARINA CLEMENTINA"

 

 

Pero tamén fixemos outras elementos da paisaxe: lúas, flores, sol e hasta un cangrexo.

 

 

E que mellor maneira de rematar que probando tan apetitosa froita

 

         

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Mmmmmmmm........... Que rica a froita!!

Esta semana toca merendar froita, e non sabedes que riquisima está.

Probamos de todo, coloreamolas e puxemos  a voar a nosa imaxinación... ollade, ollade...

Os nosos debuxos ....

A nosa cara fresa....

 

Mmmmmm que rica...SorrisoSorrisoSorrisoSorriso

 

         

 

e para rematar FOTOFRUTA....

 

 

 

Froita en 3 anos

Hoxe foi o primeiro día deste curso que desfrutamos de froita na escola dentro do progama AliméntaT-Ben!!

Tocounos desgustar uns riquísimos kiwis, en 3 anos A saborearon esta deliciosa froita e, tamén, fixeron agunha obra plástica, sabedes que froitas son??

Powered by Drupal - Design by artinet