Paisaxe

PAISAXE NAVIDEÑA CON MOITA NEVE

Na clase de plástica cun cartón de grandes dimensións, lapis e témperas de moitas cores, mesturado todo con gran paciencia e empeño fomos quen de crear unha paisaxe navideña chea, como non, de moita neve e abetos que nos servirá de fondo para unha fermosa e sorpresiva idea.

 

 

 

 
Pronto veredes a sorpresa!!!!


                                                                                 3º B

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
3ºA
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


Outras tomas...




























POSTALES NAVIDEÑAS EN 3º

Hoxe estivemos facendo unha postal navideña na aula de 3º A e como non relacionada coa natureza e a paisaxe...

 

 

 

 

 

 


Paisaxe de inverno

Na aula de tres anos estivemos traballando en equipo para construír árbores rasgando papel.

Un bo momento para aprender a compartir e valorar o traballo dos compañeiros e compañeiras, á vez que facorecemos a psicomotricidade fina, e...como non, para construír unha paisaxe!

 

 

 

 

 

 Tamén temos  na aula unha paisaxe de inverno realizada coa axuda das familias, cada unha delas decorou un pino e quedaron así de orixinais. Son uns verdadeiros artistas!!

 

 

NOVO CURSO NOVA CARTELERA

 
De cando en vez iremos cambiando a cartelera dos distintos programas nos que participamos do plan Proxecta
 
 
PRIMEIRO TRIMESTRE
 

 

DECORACIÓN NAVIDEÑA 14_15

A partires de hoxe, temos o novo decorado no hall do colexio... e sempre relacionado como tema troncal proposto pola Biblioteca, o mundo da MITOLOXÍA

 E como mural de entrada 

 

UNHA PAISAXE OUTONAL CON EFECTO CHUVIA

Na clase de plástica estamos a facer unha fermosa paisaxe poñendo en práctica a técnica do efecto chuvia.
O outono ven marcado pola chuvia, e senón xa veredes.

    • Empezamos pintando o modelo con rotuladores...



 

  • Logo, ao lado dun envase cheo de auga, mollamos o dedo e mans á obra...
 
 
 
 
E por fin, o producto agardado: paisaxes cheas de chuvia.
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FILTRADO DE ESTRACTO DE ORTIGAS

Hoxe veu Nacho para levar a cabo a derradeira tarefa para conseguir o estracto de ortigas para botarlle ao noso horto:

Cun embudo feito cunha botella de cinco litros de auga, unha camiseta a modo de coador e garrafas grandes para envasar o preparado.

Ademáis da axuda dos alumnos de terceiro e quinto:


 
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
Ulía a rosas!!!!
 
Logo aproveitamos os restos que quedaron para experimentar:  poñer na base dalguns brócolis que parecían un pouco débiles...

observaremos ao longo destes días o beneficio deses restos de vexetais comparándo coas pezas que estaban xa ben.

 

 

 

 

 

 

 


Unha landra?

O pasado mes de outubro os nenos e as nenas de 3 anos sementamos unha castaña e unha landra.

 

 

 
Pois ben, onte cando entramos na aula levamos unha enorme sorpresa porque despois de agardar moooitos días a landra agromou da terra para convertirse nun carballo!!
Agora só esperamos que non nos pase o mesmos que a "Xaime e as landras".


Paisaxe outonal

Landras e castañas convertidas en cogomelos!! Atopades algún outro elemento característico do outono nesta paisaxe?

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet