Paisaxe

Paisaxes navideñas!!!!!

Como tarefa familiar dentro do programa de Paisaxe e Sustentabilidade no Plan proxecta, Marela propón facer paisaxes navideñas, é dicir, construir paisaxes ambientadas no Nadal.

Como contamos con familias superimplicadas na educación dos seus fillos, temos os seguintes traballos, preme na imaxe e xa veredes

 

Fotos de outono

 

Os nenos e as nenas de Educación Infantil estiveron aprendendo a empregar a cámara de fotos. Deixaron constancia de que á vaca Marela lle encanta o outono e, como non, a paisaxe do noso cole.

Preme aquí se queres ver as fotografías que sacaron

 

Postais navideñas paisaxísticas

 

 

A nova actividade proposta para o programa de Sustentabilidade e Paisaxe xa está entregada.

Seguro que van saír uns traballos fantásticos!!!!

 

Acróstico paisaxístico!!!!!

Os nenos e nenas de segundo fixeron un acróstico coa palabra PAISAXE e para divulgalo fixeron un mural no corredor do cole.

Preme no debuxo e levarate á paxina de Paisaxe, se queres ver máis traballos.

Noraboa!

Noraboa a toda a Comunidade Educativa do CEIP de Arzúa!!

Hoxe recibimos  unha boa nova, remitíronnos o 2º premio polo noso proxecto de Ecovixías no Ceip de Arzúa.

Intervención en RNE 1

Aquí tedes a intervención dalgúns nenos do cole no programa de Yolanda Flores, en R1 de Radio Nacional de España.

Escoitade e veredes que no cole temos verdadeiros coidadores e defensores do Planeta Terra.

Podedes seguir visitando o noso blog de climántica en www.oplanetadamarela.blogspot.com

Reto conseguido!!

O curso remata e toca facer balance,...noraboa a todos os participantes en climántica, o reto está superado: conseguimos por en marcha varias medidas para frear o cambio climántico!!!
Pero a nosa labor non se pode deter aquí!! Seguiremos coidando o planeta!!

Preme aquí para saber máis sobre a 1º Xuntanza de Xóvenes sobre a Sostenibilidade e a Paisaxe, na que participamos en Pontevedra.




Xornada de divulgación Plan Proxecta

O día 11 de xuño, celebramos no cole un Mini-Congreso para dar a coñecer as actividades que levamos a cabo dende o Plan Proxecta.
Quixemos explicar á Comunidade Educativa o aprendido no Programa de Distribución de Froitas, Xogade e Climántica, e tamén en Oceántica. Realizamos varias exposicións,

visionado de pelis que elaboraron os nenos e as nenas, cantamos cancións e varias dramatizacións onde puxemos en práctica a expresión corporal, para representar a deforestación e a chuvia ácida!

Podes ver fotos do momento premendo aquí

E para máis información visita os blogues:

http://xogadearzua.blogspot.com.es/

http://froitopia.blogspot.com.es/

http://oplanetadamarela.blogspot.com.es/

A segunda parte da divulgación do Plan Proxecta...haberá máis!!!!!

 

 

 

 

Onte, día 7 de xuño fomos a Radio Arzúa para levar a cabo unha das xornadas de divulgación que nos esixe a participación no Plan Proxecta no que estamos colaborando.

Foi un placer contar coa axuda do personal deste medio de comunicación.

A segunda parte da divulgación do Plan Proxecta...haberá máis!!!!!

 

 

 

 

Onte, día 7 de xuño fomos a Radio Arzúa para levar a cabo unha das xornadas de divulgación que nos esixe a participación no Plan Proxecta no que estamos colaborando.

Foi un placer contar coa axuda do personal deste medio de comunicación.

Powered by Drupal - Design by artinet