Robótica

FORMACIÓN DE ROBÓTICA EDUCATIVA PARA O ALUMNADO

Un curso máis (2021/22) no que se continuará a formación na "Introdución á robótica educativa para alumnado de primaria: 4º, 5º e 6º", a través de persoal cualificado do Centro Galego de Robótica.

As sesións terán lugar os mércores de cada semana, dando comenzo o próximo día 3 de novembro.

A robótica educativa aporta un sistema de ensino interdisciplinar, que permite aos nenos e nenas desenvolver dun xeito innovador, práctico e lúdico as materias STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas). En definitiva, permite desenvolver novas habilidades e competencias básicas para dar resposta ao entorno dinámico do mundo actual.

De xeito transversal, posibilita que o alumnado desenvolva o pensamento lóxico, a imaxinación e a linguaxe, ao mesmo tempo que lle permite involucrarse nos seus propios procesos de aprendizaxe.

 

SESIÓN 5 ROBÓTICA

Hoxe,  tocou mergullirnos no mundo da robótica , xa na terceira fase, onde os tres grupos de clase, cada membro co seu papel ou cargo, construíndo o noso M-BOT.

Mamma mía!!!!!

Que ben o pasamos !!!!!!

Dúas horas non son nada!!!!!

EDUMOTIVA: ÁFRICA GONZÁLEZ

Dentro do plan de EDUMOTIVA e en colaboración co programa Donas de Sí tivemos  a sorte de asistir a unha charla pola médica e investigadora África González.
 
 
 
 
 
Falounos sobre as VACINAS, sobre todo a da tuberculose e da NANOMEDICINA.
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
Asistimos o alumnado de 5º  e de 6º, apredemos moito e achegámnoso ao mundo da ciencia e tecnoloxía, que como ben dixo África, está aoa alcance de todos e todas, homes e mulleres, non impedindo ter vida familiar e fillos/as. E que pidamos apoio a nosa parella para poder acadar os nosos soños, e senón o fan CAMBIA DE PARELLA.

 

CIRCUITOS ELÉCTRICOS MESTURADOS CON CREATIVIDADE

En sexto B estamos aplicando contidos a outros proxectos que levamos a cabo no colexio, como paisaxe, robótica e porque non, donas de sí!!!

Se queredes ver máis premede nas imaxes

Como vedes aprendemos facendo!!!!!!

ROBÓTICA

 
O proxecto titulado INICIACIÓN Á ROBÓTICA foi aprobado e xa estamos na segunda fase do mesmo, nun grupo de traballo composto polas mestras implicadas nel: Tareixa, Loly, Marita e Rosa. A nosa coordinadora é Mary. O que nos fai traballar!!!!
A consellería entregounos 6 robots Mblock para que os nenos e nenas xoguen e aprendan, ademais de introducirse na linguaxe de programación, sobre todo co Scratch. Polo que xa desbotamos a idea de traballar con LEGO.
Fixemos unha reunión para informar ás familias de toda esta aventura na que imos sumerxirnos, a cal cremos que responde a moitas inquedanzas dos nosos pequenos e pequenas por iso están moi motivados e motivadas para traballar.
Se queres ler e afondar no proxecto, preme na imaxe
 
 
 

Powered by Drupal - Design by artinet